ANO DOS LEGUMES

Acordádevos que tivemos unha sesión de contacontos onde os legumes e outros alimentos saudables eran os protagonistas?. Despois da sesión tiñamos un traballo pendente: inventar unha historia arredor dos legumes e das verduras. Pois aquí temos xa o conto XIÁN E OS CHÍCHAROS” que entre todos, nenos e nenas de infantil e profes, inventamos e fixemos. Botádelle unha ollada… e esperemos que vos guste!!

 

Facede clic na imaxe para ver +

HÁBITOS SAUDABLES E HÁBITOS LECTORES

Neste Ano Internacional dos Legumes, tratamos de dalos a coñecer e fomentar o seu consumo, tanto na escola (a través do comedor escolar) coma nas casas dos nenos e nenas. Esta semana a encargada do servizo de comedor escolar preparou un pequeno documento con recomendacións para as familias sobre o consumo dos legumes e hábitos alimentarios saudables.


 

Continuamos nas aulas visualizando historias tan interesantes coma esta do MORCEGO ROQUE feita por MON DAPORTA e que recollemos na páxina web de ADELA LEIRO  www.adelaleiro.com , páxina que vos recomendamos pola cantidade de información que nos ofrece sobre todo o referente á natureza ademais da gran recopilación de imaxes e presentacións sobre o medio natural galego. Nesta ocasión Roque contanos cousas moi interesantes sobre os legumes.

roque

(Preme na imaxe para acceder á páxina de Adela Leiro e visualizar a historia)

 

E para rematar a semana unimos hábitos saudables con hábitos de lectura: “O tema da alimentación e da comida tratados desde unha perspectiva literaria serán o fío condutor das lecturas para a XXVII Campaña de Animación á lectura, por ser o ano internacional das legumes” (cita extraída da páxina web da área de educación do Concello de Ourense) .

Dende o colexio unímonos a esta campaña promovida polo Concello de Ourense e o venres, 19 de febreiro, tivemos no centro unha sesión de contacontos impartida por dúas monitoras, Isabel e Carmen, que lles contaron aos nenos dous contos dos autores da literatura infantil Saxton Freyman e Joost Elffers. Contos nos que os alimentos cobran un papel protagonista.

 

Na sesión tamén lles falaron dos legumes máis coñecidos para eles (fabas, garavanzos, chícharos, cacahuetes, lentellas e feixóns)  e fixeron receitas imaxinarias nas que un dos ingredientes era un legume elexido por eles.  

Na seguinte presentación podedes ver que ven o pasaron e como participaron:

DSC05521

(Preme na imaxe para acceder á presentación)

A partir dos contos de estes autores agora os nenos e nenas, coa axuda das súas profesoras, deberán elaborar un conto “cheo de sabor a legumes e de boa alimentación”.  Xa vos informaremos cando o conto esté rematado, seguro que lles queda fantástico!!.