TRABALLANDO NO HORTO

E chegoulle o turno ao brócoli, esta verdura ocupa sempre o “top-ten” dos alimentos máis saudables e ricos en nutrientes. É unha verdura chea de antioxidantes que axudan a reducir o risco de cancro de estómago, pulmón ou colon, e tamén conta con outras propiedades que xa veremos na ficha de aula que acompaña a este traballo no horto que realizamos o venres 5 de xuño.

Tamén aproveitamos para arrincar un montón de herbas e follas secas ou danadas…

TRABALLANDO NO HORTO

O venres, 29 de maio, estivemos plantando espinacas no noso horto. É a primeira vez que plantamos esta verdura tan saudable, agora esperar que se dea ben… Aproveitamos tamén para regar as demais plantas do horto, estes días fai moita calor e as pobres queren “beber”…

TRABALLANDO NO HORTO

E xa chegou o tempo de sementar chícharos!!! Cando os pequenos/as viron os chícharos algúns pensaron que eran xudías, un pouco pola súa cor rosada, pero axiña viron as diferencias ao ver unha semente de xudia e unha de chícharo xuntas. Coma sempre, primeiro preparamos a terra e tivemos que engadirllle un pouco de fertilizante ecolóxico porque a nosa terra non é moi boa. Logo fixemos uns pequenos buraquiños para poñer alí as nosas sementes, regámolas un pouco e cubrímolas ben para que non lles afecten as posibles xeadas. Un regado final e… a esperar que vaian medrando!!!

Tamén estivemos mirando as trampas de cervexa que lles puxemos aos caracois, e había uns cantos alí “atrapados”, aproveitamos para poñer algunha máis…

Por último, botamos un vistazo ás nosas colleitas:

 

TRABALLANDO NO HORTO

Continuamos aumentando a nosa sementeira no horto:  o venres, 10 de abril, estivemos sementando leitugas e tomates:

E puxemos unhas estupendas “guías” para os tomates!!

ESCOLA PONTE GUAPA

A semana pasada realizamos distintas actividades en relación co noso proxecto, o bo tempo continúa e temos que aproveitar para continuar o noso labor de coidar o noso entorno e melloralo. 

1º- O mércores, 8 de abril, os alumnos/as de 3º estiveron limpando a zona das tuias (mirtos) que plantaramos no mes de novembro, as malas herbas medraran moito neste último mes e era hora de darlle unha pequena “volta” a zona onde se plantaran.

2º- Para axudar na nosa tarefa “ESCOLA PONTE GUAPA”, os cativos de 4º de infantil estiveron sementando lirios e dalias en macetas. Primeiro prepararon as macetas, despois botaron a terra, aplastárona, sementaron as patacas das dalias, os lirios e, por último, regaron. 

FICHA DE AULA

Aquí a ficha correspondente o traballo realizado no horto: sementando xudías.

Captura xudías(Premede na imaxe para ver a ficha a maior tamaño)

E aquí os pequenos de infantil poñendo en práctica os traballos complementarios na aula.

TRABALLANDO NO HORTO

Ademais de realizar o noso ecolóxico control de pragas, o último venres do mes de marzo fixemos unha nova plantación no noso horto: sementamos xudías. Despois de preparar a terra, metemos as sementes nun buratos que fixemos coa axuda duns sachiños e despois de tapalas con moito coidado, regamos a terra. 

FICHA DE AULA

Unha nova ficha,  a correspondente á sementeira de cenorias. Mirade todos os beneficios que nos proporcionan estas amigas de “Cardio”:

recorte cenoria

CALENDARIO DE SEMENTEIRA

Aquí temos elaborada a nosa pequena guía co calendario de sementeira dos produtos máis usuais da horta:

 

TRABALLANDO NO HORTO

Este venres, 6 de marzo, os alumnos/as de 5º de educación infantil realizaron dúas actividades enmarcadas dentro do noso proxecto de Voz Natura:

1º- Traballaron no horto, continuando o labor comezado a semana pasada polos cativos de 4º de infantil, facendo máis sementeiros ou viveiros de acelgas, para así poder ter máis cantidade de plantas para transplantalas cando medren.

2º- Agora que xa temos bo tempo retomamos a actividade “Escola ponte guapa”. Hoxe plantamos prímulas nun rincón do patio de entrada do colexio. Estas pequenas plantas de flores tan vistosas, ademais de dar colorido e beleza ao noso arredor teñen un montón de beneficios como veredes na ficha de aula correspondente ao traballo realizado hoxe.