MEMORIAS DUNHA FABA

UNHA FABIÑA PARA A MIÑA CASIÑAP1070974 (2)

Lembrades o día que chegou o baúl de sementes á escola?

Era un agasallo que nos enviaban as nosas mascotas Mundoman e Belli, elas confiaban en nos para que estas sementes cativas se converteran en plantas.mundoman 2

Sabían que os nenos de educación  infantil o podíamos conseguir. E tiñan razón….moita razón. Despois dunhas semanas no invernadoiro as sementes das fabas, e as das cabaciñas, convertéronse en plantas, e hoxe  comezan unha viaxe moi divertida, porque van con nos para as nosas casiñas,  para que as sigamos coidando.ABELLIÑA

 Xa vós informaremos cando dean ricas fabas, e cando as comamos nun caldo, ou nunha riquísima fabada.

Agora toca presentarllas as nosas familias e pedirlles axuda  para seguilas coidando,  e para rematar  o conto viaxeiro:   “Memorias dunha faba”.

MEMORIAS DUNHA FABA

Non fai moito tempo que nacín,  fai tan pouquiño que aínda non celebrei ningún aniversario.

Non nacín como unha faba calquera  nin  nacín onde acostuman a nacer as fabas.Resultado de imagen de habas infantil

Nacín nunha escola, estaba rodeada de nenos, había tantos nenos que ao comezo eu pensei que era un neno. Estaba convencida de que era Mara, Lucía, Mateo, Cibrán, Samir, Martin, Livansi, África, Lucas , Celeste ou Lola, porque oía as profes Conchi, María, María Xosé e Pilar dicir estes nomes preto de min.

Pero logo marchaban e eu quedaba no invernadoiro, daquela pensei queResultado de imagen de niños imagenes divertidas non podía ser un neno, porque os nenos sempre se van cando marchan as profes.

Despois de pensar moito,  ocurriuseme que igual era un mestre, pero pronto descubrín que non podía ser un mestre, porque o mestres sempre andan dicindo:  Sebas  pon a chaqueta, Yeray comparte, Antía recolle os xoguetes, Mauro come o plátano, e eu non digo tales cousas.

Xa sei! Pensei outro día,  teño que ser un balón. Pero ao cabo dunhas horas deime conta de que non podía ser un balón,  porque aos balóns os nenos e as nenas  danlle patadas, e a min os nenos e as nenas  fanme cóxegas nas folliñas.

Daquela eu que podía ser? Un caracol, si, si tiña que ser un caracol, porque o luns os de tres anos viñeron ao horto e dixeron que ían poñer unha trampa ecolóxica para os caracois, porque había moitos e estaban coméndolles as acelgas. Pois xa está, se eu estaba no horto era un caracol e comía acelgas!Resultado de imagen de caracol infantil

Sentíame  moi feliz, xa sabía que era un caracol!

Pero pronto volveron as preocupacións, porque  viñeron os pequenos de 4 anos e dixeron que ían sacar ao caracol da trampa e levalo para outra zona, a min non me levaron a ningún lado así que tampouco era un caracol

UF!! empezaba a estar moi preocupada, non sabía o meu nome, e na escola todo ten que ter un nome, porque o primeiro que che preguntan ao chegar é como te chamas.

 Foi entón cando  baixaron ao horto os raparigos de 5 anos, e escoitei que todos querían coller a regadeira, e pensei que se todos os nenos e as nenas queren usar a regadeira é porque ser regadeira é algo moi importante, seguro que eu son unha regadeira!.  Porque un día a miña avoíña díxome que eu ía ser alguén moi importante.

Gustábame ser unha regadeira, por iso cando Sheila se acercou para coller a regadeira díxenlle: Bo día Sheila cólleme a min. Sheila contestou: pero veño buscar unha regadeira, e cando eu lle dixen que era unha regadeira botouse a rir, riuse tanto que lle doia a barriga, díxome que eu era moi divertida, pero non era unha regadeira. Eu estireime, estireime canto puden, quería que Sheila me axudara e pregunteille entón que era eu. Estou segura de que Sheila me ía axudar,  pero tocou o timbre, e ala o de sempre,  a facer filas! Como se iso fora o máis importante.Resultado de imagen de regadera infantil

Non sei que lles pasa aos mestres cando oen o timbre póñense moi nerviosos, e sempre queren facer filas, non se dan conta de que hai cousas máis importantes como saber que son eu, por exemplo.

Un día espertei triste, quería saber quen era, quería ter un nome, xa non podía esperar máis,  e tiven sorte, moita sorte, porque  baixou Mila, a nosa conserxe. Os nenos din que Mila lles cura  todo, e é certo, a min ata me curou a pena de non ter un nome cando  dixo: Canto medraron estas fabas, que fermosas están!!!!

Por fin xa sabía o que era, son unha faba, e ademais segundo Mila son fermosa.

Que ben me sentía xa tiña un nome, e uns amigos que me facían cóxegas nas folliñas. Estaba moi tranquila cando os peques de infantil volveron ao horto e fixeron algo raro,  metéronme nunha bolsa. Eu non quería irme, estaba ben no invernadoiro, e xa sabía moitos nomes, os dos nenos, os dos mestres, os dos cociñeiros, os dos veciños…e sentín medo, onde me levarían?

 

Despois veu a viaxe en bus, menuda dor de cabeza, estaba moi cansa e moi mareada.

E por fin  chegamos á casa de …………………………………………………………………………………………