Catalina veu á escola para presentarnos a escarola.
Estivemos moi atentos as súas explicacións.
Contounos que :
A escarola é un alimento delicioso, ideal para elaborar marabillosas e saudables ensaladas, grazas ao seu interesantísimo poder refrescante (debido ao contido en agua), e ao seu baixo aporte calórico.
Beneficios nutricionais:
Desde o punto de vista nutricional destaca polo seu altísimo contido en auga, cerca dun 95% da súa composición.
É especialmente rica en minerais e en vitaminas:
-
Minerais: Entre os minerais más interesantes podemos destacar calcio, fósforo, ferro, potasio e sodio.
-
Vitaminas: entre as vitaminas destacamos vitamina A, C e vitaminas do grupo B (como a vitamina B1 y B2, riboflavina, tianina y niacina).
-
Outros nutrentes: ácido ascórbico, betacarotenos, e folatos.
Tendo en conta a súa composición nutricional, non hai dúbida que nos atopamos ante un alimento moi recomendado para a nosa saúde.
Polo seu baixo contido calórico e en graxas é útil en dietas de adelgazamento, grazas tamén ao seu aporte en fibra, o que mellora o tránsito intestinal, e é un alimento positivo para a saúde do sistema dixestivo.
Axuda a fortalecer as defensas, sendo positivo para o sistema inmunolóxico. Tamén é capaz de fortalecer os ósos, os dentes, e o pelo.
Estivemos vendo as sementes de escarola.
E fixemos os nosos sementeiros reutilizando vasos de plástico.
Na aula coloreamos unha parenta da escarola, a leituga.