LA PATRULLA CALLEJERA

O pasado 24 de maio tivemos unha visita moi especial no noso cole: Silvia, Sabela, Carlos e un montón de amigos máis viñeron visitar aos nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil. Sabedes quenes eran estes amigos? Pois uns animais moi especiais que buscan adopción: gatos, cans, tartarugas e ratas que queren un fogar.
Como complemento do proxecto sobre os animais que levan a cabo os pequenos e pequenas de cinco anos na aula, realizouse unha actividade cuio obxectivo prioritario era o chegamento e contacto directo con algúns dos animais que estudaron.  

Para realizar esta actividade acudimos a membros da asociación PATRULLA CALLEJERA OURENSE que, en colaboración con EXÓTICOS EN ADOPCIÓN GALICIA (dúas asociacións defensoras dos animais), están levando a cabo unha campaña educativa denominada CREANDOCONCIENCIA co fin de sensibilizar aos máis pequenos no coidado e defensa dos animais.

Primeiramente os nenos e nenas escoitaron unha charla onde lles falaron das mascotas que poden ter nas súas casas, das súas características, dos seus coidados… e tamén preguntaron e contestaron ás preguntas que lles fixeron Silvia, Sabela e Carlos.

Despois chegou o mellor de todo: tocar e acariñar aos distintos “amigos” que viñeron visitarnos. Aínda que ao principio, algúns dos nenos e nenas tiñan medo e eran reacios a achegarse aos animais, ao final todos se animaron e acabaron abrazando aos seus novos amigos.

Aquí deixamos uns recortes da publicación en facebook por parte de EXÓTICOS EN ADOPCIÓN GALICIA, da actividade realizada no noso centro.

face

animais

No seguinte díptico tedes toda a información sobre esta iniciativa CREANDOCONCIENCIA. Premede nas imaxes para visualizalas a maior tamaño.

13315281_1614654738850974_8957729690538021865_n

13315358_1614654745517640_3022849820847987629_n