Esta semana temos dúas fichas de aula, unha correspondente á sementeira de chícharos e outra correspondente á plantación de petunias:
(Fai clic nas imaxes para visualizalas a maior tamaño)
E xa chegou o tempo de sementar chícharos!!! Cando os pequenos/as viron os chícharos algúns pensaron que eran xudías, un pouco pola súa cor rosada, pero axiña viron as diferencias ao ver unha semente de xudia e unha de chícharo xuntas. Coma sempre, primeiro preparamos a terra e tivemos que engadirllle un pouco de fertilizante ecolóxico porque a nosa terra non é moi boa. Logo fixemos uns pequenos buraquiños para poñer alí as nosas sementes, regámolas un pouco e cubrímolas ben para que non lles afecten as posibles xeadas. Un regado final e… a esperar que vaian medrando!!!
Tamén estivemos mirando as trampas de cervexa que lles puxemos aos caracois, e había uns cantos alí «atrapados», aproveitamos para poñer algunha máis…
Por último, botamos un vistazo ás nosas colleitas: