CANDO QUERO SER O QUE SON

As nosas mascotas Figueiriña e Catalina viñeron xuntas á clase de primeiro para contarnos a historia dunha figueira que estaba cansa de ser tal.

Chegaron para presentarnos un conto sen rematar, e os nenos e as nenas de primeiro foron os encargados de buscarlle un final.

E así quedou o conto..

Un día Figueiriña espertou triste, sentía que estaba cansa de ser unha pobre árbore que só tiña un niño e un merlo, lembrouse de Catalina, a bruxiña boa que lle axudaba aos que o necesitaban, e alá foi falar con ela.

Figueiriña contoulle a Catalina que quería ser algo verdadeiramente importante. Quería ser vento, porque o vento era forte, e ela quería ser moi forte. Catalina intentou convencela de que as árbores eran tan importantes como o vento, pero a Figueiriña quería ser vento. Catalina colleu a súa vara máxica e dixo: Variña, variña fai que se converta en vento esta figueiriña.

FOTO 7

Candela e Paula axudáronlle a Catalina a converter en vento a Figueiriña.

A “Figueiriña vento”  foi feliz ata que apareceu o sol. Entón deulle por pensar que o sol era máis importante co vento.

Os nenos a as nenas de 1º sopraron para convencela de que o vento tamén era importante, mesmo lles rebulía no pelo e lles facía cóxegas na cara como ninguén o sabía facer.

E  volveu falar con Catalina. Díxolle que o sol era máis importante que o vento, porque facía medrar as sementes e dáballes calor aos nenos, e a eles gústaballes moito sentir este calor, e porse en manga curta, e por iso quería ser vento.

Catalina de novo explicoulle que o sol non era máis importante que as árbores, que cada quen cumpría a sua función, e que todos eran necesarios,... igual de necesarios, e insistíu en que a Figueiriña era moi importante cando era árbore, e nela vivía un paxaro. Pero Figueiriña quería ser sol, así que Catalina colleu a variña máxica e pediulle axuda a María.

FOTO 5

E María dixo: Variña, variña fai que se converta en sol esta Figueiriña.

A Figueiriña sentiuse moi contenta porque agora era o sol. Pero a alegría duroulle pouco, duroulle ata que comezou a chover, porque entón pensou que a choiva era máis importante ca o sol.

E de novo foi á casa de Catalina, para contarlle que quería ser choiva porque a choiva era máis forte ca o sol. Unha vez máis Catalina contoulle que a choiva non era máis importante que as árbores, e que ela fora moi importante cando tiña un niño e facía de fogar para un xílgaro.

Pero Figueiriña quería ser choiva, e Catalina quería axudarlle, así que de novo colleu a variña máxica e pediulle axuda aos cativos de 1º.  Todos xuntos dixeron: Variña, variña fai que se se converta en choiva esta figueiriña, e de novo así foi.

A “Figueiriña sol, vento e choiva” estivo contenta durante uns días, pero de súpeto deuse conta de que a choiva non era tan importante, porque cando chovía a xente collía os seus paraugas e protexíanse da choiva, entón Figueiriña quixo ser paraugas, e correndo foi falar con Catalina.

Catalina estaba moi seria, cando a viu chegar explicoulle a Figueiriña que so podía cambiar de identidade 2 veces máis, e no último cambio tiña que escoller aquelo que quixera ser para sempre, porque xa non poderían contar coa axuda da variña máxica nunca máis.

Figueiriña díxolle que non se preocupara, que non necesitaba máis ca un cambio, porque quería ser paraugas para sempre, e Catalina sorriu; tal vez porque pensou que Figueiriña non tardaría moitos días en querer ser calquera outra cousa.

Mentres duraron as choivas Catalina foi feliz, porque a sacaban a rúa e sentíase moi importante, pero cando parou de chover xa ninguén se preocupaba dela. Foi entón cando se apoderou da Figueriña unha tristeza moi grande que aumentaba cada día, e que a fixo pensar no seu xílgaro e no niño, por iso volveu falar con Catalina.

Esta vez a bruxiña púxose moi triste cando a víu chegar porque xa non podería axudala nunca máis, e pensou que esta  Figueiriña tan amiga como era dos cambios non se ía conformar nunca.

Pero levou unha boa sorpresa, cando lle preguntou: Figueiriña que queres ser agora?

E a árbore respondeu: quero ser eu, quero ser Figueiriña, porque nunca funca fun máis feliz ca daquela, cando era o fogar do merlo. Catalina pedíulle axuda a Estela, e esta nena con moito cariño colleu a variña e dixo: Variña, variña fai que volva ser ela mesma, esta Figueiriña, e así foi, e así aprendeu esta árbore a valorar o niño, e o merlo, e a Figueiriña que foi.

FOTO 8

LEITUGUIÑA, LEITUGUIÑA, PONME TRANQUILIÑA!!

Catalina estaba moi, moi nerviosa.

Estaba nerviosa como:

Cando temos moito traballo!!!!!

Dile adiós al estrés en 60 segundos

Cando nos portamos mal, e mamá ou papá se enfadan!!!

http://www.somosmultiples.es/blog/wp-content/uploads/2014/10/madre-no-quiere-oir.jpg

Cando ían vir o Reis Magos!!!!!

http://www.teamlewis.com/uploads.es/2014/01/Screen-Shot-2014-01-03-at-11.51.04.png

Cando imos ter a nosa festa de aniversario!!

https://abacoproyectores.com/blog/wp-content/uploads/2014/01/Alquilar-proyector-fiesta-cumpleanos.jpg

Cando chegamos ao cole, aquel primeiro día!!

http://static3.embarazo10.com/wp-content/uploads/primerdiadecolegio_thumb.jpg

 Cando perdemos algo e non o damos atopado!!!

Resultado de imagen de buscando algo perdido

Cando nos perdemos no centro comercial!!!

http://highlysensitivekids.com/wp-content/uploads/2015/08/121611427.jpg

Cando temos moito sono!!!

http://www.psicologiainfantil.cl/images/sueno.jpg

Catalina estaba moi nerviosa porque, como aínda tiña gripe, o médico aconselloulle que voase en avión durante unha temporada. Catalina nunca viaxara en avión, por iso se sentía tan preocupada e  non daba durmido. Despois de pasar varias noites sen pegar ollo foi falar con Ernesta, a bruxiña mestra.

Ernesta díxolle que para durmir ben tiña que tomar un prato de leituga todas as noites, porque era o mellor relaxante natural que podía atopar.

Resultado de imagen de brujita volando infantil

Catalia soñou que era a gañadora do concurso de vasoiras.

E por iso fomos os cativos de educación infantil a facer os nosos sementeiros de leituga, reutilizando os botes de queixo, de iogur e os vasos de plástico; para levala para as nosas casas cando medre, trasplantala nos nosos hortos, e cear ricos platos de leituga, que nos axudarán a estar relaxados e tranquiliños.

Cando rematamos os nosos sementeiros levámolos para o invernadoiro e a esperar que medren …

A GRIPE DE CATALINA

A nosa bruxiña esqueceu a vasoira na escola o último día do trimestre. Durante as vacacións de Nadal, como non había ninguén no colexio para abrirlle a porta, non pudo recuperala. Nestas datas Catalina tiña que visitar aos seus parentes, ao non ter a vasoira todo terreo tivo que ir a pé. A pobre bruxiña de tanto camiñar neste tempo tan frío, colleu unha gripe moi, moi forte.

Resultado de imagen de brujits

A bruxiña María pensando nos remedios que podía tomar Catalina para curar a gripe.

Catalina chamou a súa amiguiña María “a bruxiña boíña”, para preguntarlle se sabía que podía tomar para curar a gripe. María, que era moi dada a axudar, púxose a pensar, e pensou un día enteiro, dous días enteiros, e ata tres días enteiros, pero como María aínda era aprendiz de bruxa só se lle ocurríu falar con Darío “o bruxiño amigo”, para pedirlle algún consello, e así poder axudar a Catalina.

Dario tamén se puxo a pensar, e pensou un día, dous días, tres días…..pensou tanto que xa lle doía a cabeza, e non era capaz de lembrar ningún remedio para curar a gripe. O que sí lembrou foi a Ernesta “a bruxiña mestra”, porque sempre que tiña un problema, Ernesta tiña unha solución. A súa mestra sabía de todo, sabía  atar os zapatos, pintar sorrisos, facer cóxegas, curar tristezas, debuxar caracois, plantar leitugas, correr como un elefante, bailar como unha tartaruga, abrazar como un oso, pintar arcos da vella, e ata descubrir as mentiras que lle contaban os nenos. Así que seguro que Ernesta sabía con que se podía curar a gripe. Ademais a Darío gustáballe moito visitala porque cada vez que a ía ver Ernesta poñía cara de avoíña e dicía: “benvida visita agradable”, e a Darío encántaballe ser unha visita agradable, a que sempre recibía a súa mestra preferida con magdalenas de chocolate.

Darío tardou pouco tempo en chegar a casa de Ernesta, pero aínda tardou menos en comer a magdalena. A mestra, despois de escoitar o problema de Catalina, puxo cara de sabia e dixo: Pero iso é moi fácil, curar a gripe é moi fácil, todo o mundo sabe con que se cura unha gripe.

Resultado de imagen de brujitos

Darío “o bruxiño amigo”

Ernesta era coma todos os adultos, a miúdo din aquelo de: “iso é moi fácil”, e poñen cara de interesantes, porque ao mesmo tempo que engaden: “todo o mundo o sabe” pensan que só o saben eles.

Darío sentíu que el e María debían de estar fóra do mundo, porque eles non tiñan nin idea do que había que tomar para curar a gripe.

E como Ernesta o sabía todo, debeu darse conta de que Darío comezaba a sentir algo de vergoña por non saber resolver aquel problema só, foi entón cando a mestra dixo: “todos os maiores o saben, os maiores saben que a gripe se cura cun antibiótico natural, co allo”.

Tan só é necesario comer un dente de allo cada día, e non só vale para curar as gripes, senón que ata pode previlas.

E iso foi o que fixo Catalina, comezar a comer un dente de allo diario, e ademais de notar como curaba a gripe deuse conta de que o allo tamén era un bo amigo do seu Cardio, e do seu intestino, que agora funcionaban moito mellor.

Catalina veu á escola para contarnos os efectos medicinais do allo.

Os cativos de 3 anos estiveron moi atentos as súas explicacións.

Catalina ata nos contou que había un truco para ter bos allos, consistía en colocar os dentes ao calor da cociña uns días antes de sementalos, desta maneira abrollaban e medraban moito antes.

Resultado de imagen de ajos

Xa só nos quedaba baixar ao horto para plantar os nosos dentes de allo, que separamos con moito coidado, para non romperlle a casca antes de metelos na terra.

Á hora de plantalos temos que ter en conta o seguinte:

  • Poden seguir aos cultivos de renovación, e dicir, poden sementarse onde estiveron por exemplo as patacas, xa que deixan un chan moi rico en fertilidade física e química.
  • Non debemos de sementalos onde estiveran antes outros cultivos bulbosos.
  • Poden asociarse con tomate, perexil ou pepino.
  • A época de semente será en outubro ou novembro no sur, e en xaneiro ou  febreiro no norte.
  • O ideal será plantalos directamente no horto, plantando os bulbos, ou dentes, que separamos da cabeza de allo.