TRABALLANDO NO HORTO E PONDO GUAPA A ESCOLA

Comezamos cos cativos de 3 anos que se acaban de incorporar ao centro introducíndoos pouco a pouco no traballo no horto, no coidado do entorno do colexio así como nas distintas actividades que temos previstas para este curso relacionados coa reciclaxe. As tarefas que realizamos ata agora foron as seguintes:

1.O 26 de setembro baixamos para coñecer o horto e o entorno do colexio (zonas axardinadas, a pequena carballeira, o regato que pasa preto, o invernadoiro…) e como mostraron moito interese en traballar xa no horto estivemos recollendo tomates e plantando cenorias. 

 

20160926_104638 20160926_104635

2. O 3 de outubro, baixamos a “pequena carballeira” a observar aos paxariños, as casiñas que teñen nos carballos, a escoitar os seus cantos e a deixarlles  comidiña. Aprendemos a debullar o millo, foi moi divertido! No horto observamos as cenorias da semana pasada e  plantamos coliflor.

3. O 10 de outubro, dedicámonos a poñer “guapa a escola”: Plantamos ciclames para decorar a entrada do colexio e begonias para o interior. As begonias tivémolas en auga na aula e fomos observando como lles saíron as raíces. Recollemos pedras para poñer nos no fondo dos tarros, e fixemos abono con follas de plantas podadas.

PLANTANDO CARBALLOS

Este mércores,17 de febreiro, o noso traballo semanal consistiu na plantación de pequenos carballos en “bricks” reciclados que foron previamente decorados polos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Anteriormente, coma sempre, nas aulas recordaron as características desta árbore autóctona e despois realizaron unha ficha complementaria.

Estes carballiños foron levados polos cativos/as para as súas casas para que os coiden ata o momento de transplantalos no lugar que elixan eles e as súas familias. Deste xeito, unha vez máis, tratamos de implicar ás familias no traballo de concienciación mDSC05484edio ambiental. 

DSC05479

DSC05485

 

E para rematar estivemos plantando unha abeleira nunha maceta. Máis adiante transplantarémola a unha zona do patio do colexio:

Castiñeiro, limoeiro e agora abeleira, pouco a pouco imos aumentando a nosa “colección” de árbores que poremos no patio do colexio. 

P1060284