O NOSO HORTO

DO HORTO AO PRATO

Estamos convencidos de que os elementos fundamentais de desenvolvemento dos nenos/as, e dos seus futuros medios de vida, son  unha nutrición e unha educación adecuadas, por iso dende fai algún tempo, viñamos dándolle voltas á idea de facer un horto ecolóxico e un “ xardín dos sentidos “ na nosa escola.

Decidimos poñer esta idea en marcha cos cativos de educación infantil, aproveitando que están implicados no proxecto de alimentación saudable “SI”.

Comezamos esta actividade  os venres, baixando cos nenos de educación infantil  ao horto, e ao xardín dos sentidos,  para preparar a terra e aprender a sementar e a coidar as verduras e as hortalizas que son fundamentais nunha dieta equilibrada e saudable, e que logo comeremos no comedor escolar.

Empregamos o horto como un recurso pedagóxico, a través do cal temos a oportunidade de:

  • Ofertar  un proxecto educativo integral e integrador, baseado nunha educación transmisora non só de coñecementos senón de valores, de competencias e de actitudes.
  • Converter aos alumnos en  protagonistas, e en construtores do seu propio proceso de aprendizaxe, fomentando a aprendizaxe por investigación e por descubrimento.
  • Aproveitar os recursos, partindo do concreto e do próximo para chegar ao abstracto e ao xeral.
  • Educar na , e para a saúde, fomentando  unha alimentación e uns hábitos saudables.
  • Educar na sensibilidade, na cooperación, na responsabilidade e no respecto cara o medio ambiente, programando e desenvolvendo actividades  que esperten a conciencia ecolóxica dos nosos cativos.
  • Fomentar unha ensinanza interdisciplinar.
  • Aplicar a teoría das intelixencia múltiples no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Gozar dun espazo exterior no que podamos percibir a natureza través de cada un dos sentidos: ver, tocar, oír …
  • Intercambiar coñecementos,  experiencias ecolóxicas  e sementes, cos membros da comunidade educativa.
  • Recompilar  adiviñas, refráns e cantigas relacionadas co horto escolar.
  • Aprender técnicas da agricultura ecolóxica relacionadas coa preparación da terra e con outras tarefas tales como: abonar, sementar, e controlar enfermidades e pragas .

Estas actividades combinámolas con outra á que lle chamamos: “Escola ponte guapa”, coa que pretendemos que os nenos plantando  petunias, xeranios, e surfinias,  descubran o importante que é a súa cooperación para mellorar o espazo escolar.

IMG-20140519-WA0000P1010742