DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL 2016

LIBROS QUE  SE PLANTAN

http://www.dreamstime.com/stock-images-tree-growing-book-image16549534

A lectura estimula a curiosidade, axuda ao desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe; aumenta o vocabulario, mellora a expresión oral e escrita, aumenta o noso bagaxe cultural, e estimula a creatividade.

A pesar de todas as vantaxes que ten a lectura, non podemos esquecer que os libros que non están fabricados con materiais biodegradables, entre eles a tinta, acabarán contaminando o chan.

O Libro árbore“  é un proxecto que fixo posible que os libros poidan plantarse, ao rematar de lelos, de forma produtiva, sen impacto ambiental e dando lugar a unha árbore. Darbore lilaesta maneira os cativos e as árbores medran xuntos.

Este libro transmite valores eco-amigables non só a través da súa lectura, senón tamén despois. Tras lelo pode plantarse e medrará unha jacaranda, xa que entre dúas das súas capas de papel introducíronse sementes desta bonita árbore.

O proxecto non só busca reducir o impacto ambiental dos libros senón animar a outras editoriais a apostar por materiais como este, fabricado con técnicas respectuosas coa contorna, con papel de bosques certificados e tinta á auga, libre de ácidos. Ademais, quérese concienciar aos nenos para que a súa educación ambiental sexa práctica e orixinal, baixo a lema : “Os libros e os nenos poden medrar xuntos”.

O librvideoo ”Mi papá estuvo en la selva”, de Gusti e Anne Decis, publicado no 2008 pola editorial arxentina Pequeno Editor, é o primeiro libro árbore. Nel cóntase a historia dun papá que viaxa á selva do Ecuador desde a perspectiva do seu fillo, a través dun enfoque eco-amigable, que fomenta o amor pola natureza.

 

 

 

LIBROS ECOLÓXICOS

Unha das maneiras de achegar aos pequenos á educación ambiental é a través dos libros, eses compañeiros perfectos para calquera ocasión. Nalgúns fálase de cambio climático, efecto invernadoiro, enerxías alternativas, reciclaxe…

HH

Aquí temos libros que nos ensinarán a coidar o medio ambiente:

“A la Tierra le ha salido una gotera”   (Editorial SM).

É un libro con pictogramas que trata sobre a importancia da auga, con astronautas e feiticeiros como protagonistas (de tres a cinco anos).

 “Capitán Verdemán” (Editorial Juventud).

O protagonista é un superheroe que ten que salvar unha pequena cidade que está afogando no lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes (a partir de cinco anos).

“Mi primera guía sobre el cambio climático” (La Galera Editorial)

Explícalle  aos máis maiores como podemos colaborar para frear os síntomas da enfermidade da Terra (a partir de dez anos).

“10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo” (Editorial Molino de RBA Libros).

Aquí temos un decálogo para os máis pequenos, un libro con solapas e troquelado.

“Reducir, reutilizar, reciclar” (La Galera).

Este é un libro con moitas fotografías, e con letras maiúsculas e frases curtas, ideal para que os nenos pequenos aprendan sobre a auga, as árbores, a saúde e a reciclaxe.

“Cuida tu planeta” (RBA Libros)

Con este material os nenos verán como os irmáns  Juan e Tolola aprenden a reciclar e a respectar o medio ambiente.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: WANGARI MAATHAI

Co fin de traballar  o “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER” (8 de marzo) e o “DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES” (21 de marzo) empezamos xa no mes de febreiro e continuamos no mes de marzo cunha serie de actividades tratando de aunar as dúas celebracións na figura de WANGARI MAATHI, a muller árbore, que ensinou ao mundo a importancia das árbores e foi unha loitadora incansable na defensa do medioambiente, a democracia, os dereitos das mulleres e a paz. 

1. Comezamos dando a coñecer aos nenos e nenas a figura de WANGARI MAATHI con diferentes recursos: 


 

2. Entre as actividades realizadas destacamos:  

– A adopción de carballos por parte dos alumnos e alumnas de infantil aos que se uniron os nenos e nenas de 4º de primaria (actividade xa reflectida na entrada do noso blog do 19 de febreiro).

– A plantación de abeleiras no patio do colexio en honor de WANGARI, plantación que realizaron os pequenos e pequenas de 2º de primaria.

 

 – Os pequenos/as de infantil tamén colorearon o BOSQUE DE WANGARI

ARBORES

ESCOLA PONTE GUAPA

Ademais de traballar na horta (un dos obxectivos do noso proxecto), estas dúas últimas semanas estivemos traballando tamén no outro obxectivo que é o de mellorar o entorno que nos rodea, esta vez centrado na plantación de distintas árbores en varias zonas do patio do colexio. 

– O primeiro día adicouse á plantación de mirtos (tuias) nunha das zanxas que foran preparadas conxuntamente no pasado mes de novembro por pais, alumnos/as e profesorado. Os alumnos/as de 6º en colaboración cos pequenos/as de 3 e 4 anos realizaron esta plantación. Co obxectivo de motivalos máis para que se implicasen no coidado e mantemento das árbores, os alumnos/as de 6º de primaria apadriñaron a un neno/a de infantil, e a súa vez os dous apadriñaban un dos arbustos plantados, neste caso mirtos. Como podedes ver polas fotos o traballo conxunto resultou moi estimulante, e que ben o pasaron saltando para aplastar a terra!!

– O segundo día os alumnos/as de educación infantil, axudados polo profesorado, plantaron: unha cerdeira, unha mazaira e un ciruelo.

– O terceiro día os rapaces/zas de 6º de primaria remataron de plantar as tuias e plantaron un castiñeiro. Pouco a pouco imos mellorando o entorno do noso patio…