TRABALLANDO NO HORTO

Este venres, 6 de marzo, os alumnos/as de 5º de educación infantil realizaron dúas actividades enmarcadas dentro do noso proxecto de Voz Natura:

1º- Traballaron no horto, continuando o labor comezado a semana pasada polos cativos de 4º de infantil, facendo máis sementeiros ou viveiros de acelgas, para así poder ter máis cantidade de plantas para transplantalas cando medren.

2º- Agora que xa temos bo tempo retomamos a actividade “Escola ponte guapa”. Hoxe plantamos prímulas nun rincón do patio de entrada do colexio. Estas pequenas plantas de flores tan vistosas, ademais de dar colorido e beleza ao noso arredor teñen un montón de beneficios como veredes na ficha de aula correspondente ao traballo realizado hoxe.

TRABALLANDO NO HORTO

Aproveitando que o pasado venres (26 de febreiro) non chovía, por fin… ¡XA VOLTAMOS A TRABALLAR NO HORTO!!
Foi unha mañá moi completa pois puidemos plantar dous cultivos distintos:

1º- Cos alumnos/as de 4º de infantil fixemos un sementeiro ou viveiro de acelgas e tamén plantamos pequenas plantas de acelga xa no propio horto.

2º- Cos nenos/as de 5º de infantil fixemos tamén primeiro un sementeiro para tomates e despois plantamos pequenas plantas de tomate noutro sementeiro, ¡aínda é moi cedo para plantalos no horto!: