DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: WANGARI MAATHAI

Co fin de traballar  o «DÍA INTERNACIONAL DA MULLER» (8 de marzo) e o «DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES» (21 de marzo) empezamos xa no mes de febreiro e continuamos no mes de marzo cunha serie de actividades tratando de aunar as dúas celebracións na figura de WANGARI MAATHI, a muller árbore, que ensinou ao mundo a importancia das árbores e foi unha loitadora incansable na defensa do medioambiente, a democracia, os dereitos das mulleres e a paz. 

1. Comezamos dando a coñecer aos nenos e nenas a figura de WANGARI MAATHI con diferentes recursos: 


 

2. Entre as actividades realizadas destacamos:  

– A adopción de carballos por parte dos alumnos e alumnas de infantil aos que se uniron os nenos e nenas de 4º de primaria (actividade xa reflectida na entrada do noso blog do 19 de febreiro).

– A plantación de abeleiras no patio do colexio en honor de WANGARI, plantación que realizaron os pequenos e pequenas de 2º de primaria.

 

 – Os pequenos/as de infantil tamén colorearon o BOSQUE DE WANGARI

ARBORES