Daily Archives: 07/10/2020

NOS SEUS ZA-PATOS

Este  curso  retomaremos  o noso  proxecto  «NOS SEUS  ZA-PATOS»  que  tivemos  que  suspender  o curso  pasado  por  mor  da  continua  desaparición  dos  parrulos.

Comezamos con 4 patos que os nenos e nenas xa bautizaron. Un, é o pato RENATO, que non sabía cantar ata que a pata PATOSA o quixo ensinar. Outra é a pata CURIOSA que moito lle gusta mirar aos nenos cando a van visitar, e a pata FERMOSA que por gustarlle tanto aos cativos presume como unha oca.

Tamén temos un galo kirico, que é moi divertido, e que todas as mañás sobe á caseta e comeza a cantar ata que lle imos abrir aos patos. Por iso os nenos e as nenas din que é o gardián dos parruliños.

Aquí temos as primeiras fotos da visita dos pequenos e pequenas de 4 anos aos patos para darlles de comer e estar un ratiño con eles.

No seguinte enlace podedes consultar o noso proxecto:

Fai uns días recibimos a visita de Alejandro, o portavoz do comité científico do programa de  VOZ NATURA, que fixo unha reseña do noso proxecto na páxina web do programa:

Premendo na imaxe iredes á páxina de Voz Natura.