Monthly Archives: septiembre 2020

ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO

Iniciamos este curso tan especial con moitas gañas de recuperar certa «normalidade», volver a reencontrarnos, aínda que sexa mantendo a distancia de seguridade, e gozar xuntos do coidado e do amor pola natureza en xeral, e polo amor e coidado da  nosa contorna en particular.

Co noso novo proxecto «ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO», estreamos novo logo:

Resaltamos algúns dos obxectivos que pretendemos acadar co mesmo;

  • Gozar do encontro coa natureza que experimenta o ecoperegrino, sendo capaz de mellorar un tramo do Camiño, e sentindo a harmonía co medio que provén do respecto e do coidado do mesmo

  • Fomentar no alumnado unha apreciación persoal do Camiño de Santiago como parte fundamental do seu patrimonio inmaterial, paisaxístico e artístico, a súa historia e a súa cultura, ademais de representación de moitos dos valores da sociedade occidental a que pertencen, e fío de conexión co pasado e o futuro.

  • Favorecer o traballo en equipo como ferramenta  de investigación.

  • Fomentar actitudes de respecto, curiosidade, protección, valoración  e conservación do patrimonio vinculado ao fenómeno Xacobeo.

Ademais da posta en marcha deste novo proxecto, continuaremos cos nosos traballos no horto escolar, «poñendo a escola guapa» e comezamos xa co coidado dos nosos parrulos: «Nos seus za-patos» que esperamos poder levar a bo término este curso.