O interese polo coidado do medio ambiente, e da saúde non remata co confinamento.
E boa proba delo son as nosas familias, e as actividades que están desenvolvendo ao longo destes días.
Paula e Arantxa cultivaron amorodos na terraza da súa casa.
Candela, e o seu pai Roberto están facendo unha casa para os animais. Ata están dispostos a acoller os que imos ter na escola: patos, galiñas e coellos, durante as vacacións.
Olalla, Adriel e Alejandro están plantando carballos, cando medren irán reforestar o monte.
Antía e Xoel están aprendendo a facer galletas. E aporveitan a ocasión para lembrarnos a importancia de comer froita.
Nico proponnos sementar lentellas, como fixo el.
Andrés anda a culivar tomates na terraza.
E a facer deporte na casa.
Óscar e Ainhoa axúdanlle aos avoíños a recoller ovos.
Abrimos o correo e atopamos moitas novidades, grazas as nosas familias.
As nosas cativas, e os nosos cativos, axúdannos a ver a realidade con «ollos de nenos», a aprender a mirar e ver sempre un horizonte positivo que pinta a vida de cores e os días de calma.
Hoxe recibimos a proposta de Antía, Xoel, Alex e Ariadna.
Converteron os días de confinamento en tempo para facer novos amigos.
Alex e Ariadna teñen un marabilloso equipo de caracois.
Eles anímannos a que tamén nos aporveitemos para facer novos amiguiños, sexan cans, gatos, caracois ou o que se vos ocurra, porque din que non hai mellor maneira de invertir o tempo ca de coidar dalguén.
Canta razón teñen estes rapaces! Asique esa é proposta, que nos mandedes as vosas fotos cos «amiguiños do confinamento», a este correo: maria.teresasotelo@edu.xunta.es.
Aporveitamos esta marabillosa idea para pedirvos a todas as familias da nosa escola que nos mandedes fotos, nas que podamos ver como neste tempo fomos capaces de sacar o mellor de nós, de cargarnos de esperanza, e de encher as nosas casas con vida.
Con esa vida que lle dan aos nosos fogares as plantas e a natureza, ás que os membros da comunidade educativa do CEIP Albino Núñez sempre estamos dispostos a coidar.
Non hai barreira para a creatividade, nin limites para a ilusión tal e como nos demostraron os nosos cativos e os seus pais.
Ariadna, Alex e Patricia están convencidos de que o peor xa pasou, e de que agora toca seguir coidando a nosa saúde e o noso cardio.
ERIC de 4º de educación infantil coloreou este fermoso debuxo para lembrarnos que pasear en bici é moi saudable, e axuda a que cardio se atope moi contento.
Queridas familias para este tempo de confinamento imos proporvos actividades que podemos desenvolver nas nosas casas.
Coa vosa colaboración axudarannos a seguir pensando que lle pasa ao planeta, e a actuarmos para mellorar a saúde do mundo, e a nosa.
Con estes recursos queremos convidarvos a saír dos nosos fogares coa imaxinación e a ritmo de música, a voar , a correr, a saltar e a xogar, para atoparnos dando paseiños xuntos, e gozando da natureza.
COMEZAMOS CUN VÍDEO QUE LLES PERMITIRÁ ENTENDER AOS MÁIS CATIVOS QUE ESTÁ PASANDO.
SEGUIMOS CON OUTRO QUE NÓS AXUDARÁ A REFLEXIONAR SOBRE OS NOSOS COMPORTAMENTOS
ACTIVIDADE:Podemos facer un monstruo do lixo xuntando as tapas, os plásticos, os envoltorios, os botes…que empregamos cada semana. E propornos conseguir que este monstruo sexa cada semana máis cativo, ata chegar a un mini monstruo do lixo, que será o que consiga facer cada familia ao ir reducindo día a día o lixo que producimos.
Se vós apetece podedes enviarnos( ao correo maria.teresasotelo@edu.xunta.es) os monstruos, e os mini monstruos que fixestes, para publicalos na entrada : Como minimizar monstruos do lixo
AGORA TOCA MOVERSE A RITMO DE COOPERACIÓN E DE RECICLAXE PARA QUE TODO VAIA MELLOR
Queridas nenas e queridos nenos que vós parece se nos cargamos cunha boa dose de imaxinación e guiados por esta canción damos un paseo en bici, sen saír da casa?
ACTIVIDADE: Como tarefa para hoxe podemos facer unha foto do noso baile-paseo en bici, ou un debuxo.
Se vós apetece podedes mandala a este correo : maria.teresasotelo@edu.xunta.es, logo publicamos aquí todas as fotos, e dalguna maneira será como se fosemos xuntos dar ese paseiño non contaminante para comezar a semana en forma.
As nenas e os nenos de 5º B de educación infantil estiveron coidando na súa clase, antes do confinamento, a Pepe e a Boliña, dous poliños moi inquedos. Agora seguen medrando aínda que estrañan moito aos cativos.
Boliña e Pepe serán adoptados por Meli, alumna da nosa escola e unha das grandes coidadoras das mascotas do noso centro, cando volvamos á normalidade.
Mentrés non poden ver aos nenos van medrando e descubrindo a primavera e o mundo.