Monthly Archives: febrero 2020

ENTROIDO 2020: STOP CAMBIO CLIMÁTICO

Un ano máis celebramos unha das nosas festas tradicionais, O ENTROIDO, festa de raigame popular, de troula, de alegría, de diversión, de festa rachada e tamén da burla e de crítica.

No noso colexio quixemos aproveitar esta celebración que tanto gusta aos nenos e ás nenas e darlle tamén un tono de denuncia e de chamada de atención sobre un dos grandes problemas con que nos atopamos hoxe e, que de non producirse un gran xiro, repercutirá no futuro destes rapaces e rapazas e das seguintes xeracións: É O PROBLEMA DO CAMBIO CLIMÁTICO.  A man do home está transformando a natureza e provocando xa hoxe en día consecuencias nefastas no medio ambiente a curto e longo prazo.

Quixemos manifestar o desexo de todos os que formamos esta comunidade educativa de que o coidado e o respecto da natureza sexan prioritarios e se busquen fórmulas de sostibilidade que garanticen o futuro de todos os nenos e nenas do mundo.

O noso desfile dividiuse en tres grupos:

1º- Comezamos cun desfile de flamantes e espectaculares coches que son os que provocan, xunto coas fábricas, barcos, avións… a gran contaminación que sofre o noso planeta. Os alumnos e alumnas de 1º de primaria cos seus coches que todo o contaminan foron berrando: PI, PI!! Non máis contaminación!!.  2- Nun segundo grupo destacamos as consecuencias da contaminación e dos abusos que o home fai da Terra.

Como consecuencia da emisión de gases a capa de ozono estase estragando e os desastres naturales son continuos:

Así os alumnos e alumnas de 6º de primaria chegaron destrozados despois de  sufrir un terrible vendaval!:

– As estacións tamén están cambiando,  todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles… Os rapaces e rapazas de 5º de primaria non saben como vestirse…


– Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos,  e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…  Así o quixeron mostrar os pequenos e pequenas de 4 anos:
– Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies.. Os cativos de 5 e 3 anos, vestidos de pingüíns e de koalas quixeron reinvindicar a protección de todos os animais:

3- No terceiro grupo plasmamos algunhas das solucións que temos xa que poñer en marcha. Os alumnos e alumnas de 3º de primaria van pedindo: MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES!!:– Nas nosas mans tamén están actuacións que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar… Rapaces e rapazas de 4º de primaria luciron uns traxes espectaculares feitos con materiais reutilizados… mirade que elegantes!!
– 
Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías… Vaia comando de reciclaxe fixeron os nenos e nenas de 2º de primaria!!E por último, despois de rematado o desfile, cantamos e bailamos todos xuntos a canción de MACACO: «MOVING» que é unha chamada a favor das pequenas accións e a unión de todos para salvar ao noso planeta.