Temos que felicitar as nosas cativas e aos nosos cativos porque todos os días, mostrando unha gran responsabilidade e unha marabillosa sensibilidade, dedican os recreos a coidar dos patos que xa forman parte da vida da nosa escola.
Logo de xuntarnos para porlle nome, e de decidir que se chamarían Brais, Pepita, Albino, Branquiña e Plumitas démonos conta de que na zona que viven había un perigo para eles, e para a contorna.

Os cativos de 1º de primaria reuníronse con de 4º de educación infantil en asamblea, para decidir que podíamos facer cos plásticos que tiraran os adultos.