Monthly Archives: septiembre 2019

DA HORTA AO PRATO

BENVIDO OUTONO!

Benvido o  tempo de recoller colleitas, e   de prantar as que comeremos nós e os nosos parrulos ao longo do curso.

Agora temos que prantar máis, _din os nenos, e teñen razón porque temos que cultivar  verzas, leitugas e acelgas para Plumitas e para a  súa familia.

Asique con máis gañas que nunca volvemos á horta, e cos pés na terra dispómonos  a pratar e a coidar: acelgas, verzas repolos e leituga.

Comezamos coas acelgas, porque despois de observar aos parrulos descubrimos que  son un dos seus alimentos preferidos.

 

Din don ding, din don dan, hoxe toca plantar! Din don din, din don dan, os peque temos moitas gañas de traballar!

ESCOLA PONTE GUAPA

Un ano máis as nenas e os nenos da nosa escola seguen traballando para encher os nosos patios de vida, e de cor.

Nesta ocasión foron os máis cativos os que comezaron a por a escola moi guapa.

Os nenos  e as nenas de 4º de educación infantil traballaron con moita ansia, e conseguiron que os patios estiveran moi fermosos logo desta sesión.