Na praia, no campo, no pobo, na montaña….., onde te atopes estes días, propómosche unha despedida.
Atréveste a dicirlle adeus ao plástico?
E a celebrar a despedida cantando e bailando?
Na praia, no campo, no pobo, na montaña….., onde te atopes estes días, propómosche unha despedida.
Atréveste a dicirlle adeus ao plástico?
E a celebrar a despedida cantando e bailando?
A nosa proposta de hoxe consiste en descubrir todo o que podemos inventar reutilizando botellas de plástico.
Animádesvos a ver e a facer?
Hoxe convidámosvos a averiguar onde vai todo o plástico que usamos, e a intentar reducir o seu uso.
AS GRANDES MANCHAS DE LIXO
Nos xiros oceánicos de todo o mundo (as zonas centrais dos mares) xa hai máis plástico en suspensión que plancto (é dicir, máis plástico que comida). Son as chamadas «grandes manchas de lixo». Na súa gran maioría están compostas por fragmentos pequenos (menos de 4 mm) e dispersos en superficies xigantescas.
Un estudo de 2010 estima que entre 5 e 13 millóns de toneladas métricas de plásticos terminan no mar cada ano. Na actualidade calcúlase que de media hai 13.000 plásticos por milla cadrada de océano, cun peso total de 100 millóns de toneladas.
Os estudos confirman que a cadea alimentaria mariña, da cal depende a nosa alimentación está contaminada. Para empezar os seres microscópicos que compoñen o plancto mariño comen microplásticos, do mesmo xeito que os animais filtrantes como os mexillóns. Tamén os peixes de moitas especies comúns están a alimentarse con fragmentos de plástico.
Ademais da toxicidade propia do plástico, as partículas de plástico no mar teñen a propiedade quimica de atraer e acumular contaminantes hidrofóbicos (é dicir aceitosos) da auga de mar, como DDT e PCBs.
Os plásticos son «esponxas» químicas para contaminantes perigosos que chegan ao mar procedentes da agricultura e a industria e ábrenlles a porta para que entren na cadea alimentaria.
SUXERENCIAS PARA USAR MENOS PLÁSTICO
Para hoxe propómosvos reflexionar sobre a importancia que ten a auga para a vida do noso planeta, e a importancia que temos nós para aforrar auga.
Aporveitando este tempo de vacacións podemos ver, en familia ,os vídeos que vos suxerimos a continuación. Logo podemos descubrir todo que podemos facer para evitar mal gastar a auga, e a continuación elaborar o noso compromiso para aporveitala
Animádesvos a por este compromiso en marcha este mes, onde queira que estedes?
Ao comezarmos o próximo curso podedes vir á escola, todos os que vos «comprometestes pola auga», para contarnos as vosas eco-augaccións, e entre todos faremos o mural dos «amiguiños da auga».
Hoxe que vós parece se dedicamos uns minutos a ler este fermoso poema de Gloria Fuertes
Esta poesía é un alegato en favor do respecto pola vida e pola natureza. A nosa tarefa consisitirá en buscar a alguén par lerlla, e despois comentármola xuntos.
Niño Tom
Si vas al campo,
no subas por los almendros.
Ni cojas nidos,
ni caces pájaros,
ni mates insectos negros.
¡Ay, esa flor, esa flor
que ahora muere entre tus dedos,
sus novecientas hermanas
la están echado de menos!
Si vas al campo,
sé bueno.
¡Échate en la hierba,
canta,
estate quieto!
No deshagas las casas
de los insectos
Niño Tom:
Si vas al campo
Sé hombre,
niño pequeño.