Daily Archives: 21/05/2019

GUILLE UN PEXEGUEIRO MOI ESPECIAL

 

Unha das nosas árbores preferidas é Guille, está non patio interior da  escola, aínda que para o vindeiro curso teremos que buscarlle un bo sitio no patio para transplatala, porque xa medrou moito, e precisa máis espazo para seguir medrando, e poder dar bos froitos.

Guille, cando era moi cativo, estivo a punto de ser comido por un burro, alá na aldea de Loureiro. Salvouno un veciño chamado Guillermo, de aí o nome da nosa árbore.

Este veciño deullo ao noso director, para que o levara a un bo sitio onde non tivera ningún perigo. 

Ningún lugar  podía ser mellor ca nosa escola. Porque aquí estamos as nenas e os nenos de educación infantil, que sen dúbida somos os mellores amiguiños das árbores. Por iso, en pouco tempo, o noso pexegueiro se converteu nunha árbore grande.

INVESTIGAMOS 

Ter a Guille no colexio foi un bo motivo para investigar, e aprender moitas cousas sobre os pexegueiros, xa que descubrimos  o seguinte:

O pexegueiro é unha árbore nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego.  Foi amplamente cultivado en Persia, de onde foi introducido en Europa.

 Os pexegueiros foron citados en escritos chineses xa no século X antes de Cristo, considerándose un dos froitos preferidos de reis e emperadores.

China é o maior produtor mundial de pexegos e nectarinas . En Galicia véñense cultivando dende antigo como amosa a toponimia.

PARA TRANSPLANTALO TEREMOS QUE TER O CONTA O SEGUINTE:

Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non todas as zonas do planeta poden dar.

Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30 °C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gromos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gromos comeza a partir dos 15º baixo cero.

Os pexegueiros necesitan emprazamentos asollados con correntes de ar para garantir unha temperatura axeitada. Plántanse a comezos do inverno. Durante a etapa de crecemento necesitan regas regulares, con maiores frecuencias antes da colleita.

Os  pexegueiros comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente.

 

 

UNHA ÁRBORE UN TESOURO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil seguen a desenvolver, con moito interese, o seu proxecto: “Unha árbore un tesouro, un bosque una fortuna”, velaí as fichas que realizaron ao longo do último mes.