Daily Archives: 09/05/2019

REFORESTACIÓN NO MONTE DE PALMÉS

As nosas cativas, e os nosos cativos de 6º de educación infantil plantaron, ao comezo do curso, landras e castañas co fin de levalas ao monte de Palmés para reforestalo,  e desta maneira axudar a que vaian curando as feridas do gran incendio, aquel que  fai anos o converteu nun bosque queimado.

 

 

Convidamos aos nenos e ás nenas de 6º de primaria a  que nós acompañasen, para levar as nosas árbores do escola ao bosque, e  plantalas ali.

Contamos cun guía , como dicían os nenos “de luxo”, co forestal Pepe Santos,o forestal quen compartíu con nós  ao longo de toda a xornada os seus coñecementos, ensinándonos a plantar e a seleccionar as árbores máis axeitadas para este bosque.

Comezamos a nosa andaina no pobo de Naves.

Santos levounos a un dos puntos máis altos, e ensinounos a orientarnos para ser capaces de volver,

no caso de que alguén se perderá no monte ou no bosque, ao punto de partida, ao forno de Naves.

Logo axudounos a buscar os lugares idóneos para plantar a nosa cerdeira, os nosos castiñeiros e

os nosos carballos. Segundo a necesidade que tiveran cada un deles de luz, de auga e de espazo.

Cando xa sabíamos onde ían quedar as nosas árbores puxémonos a plantalas.

Pepe, logo de plantar estas árbores, levounos ao Mosteiro de Santa Comba onde nós 

contou unha lenda moi  interesante e nos convidou a ler fermosos poemas.

Aquí comezou a segunda parte da nosa excursión, ao dispornos a cruzar e a coñecer o bosque do Falán. 

Aporveitamos esta ocasión para recoller todo o lixo que atopamos.

Pepe deunos moita información sobre as árbores, os arbustos, as plantas medicinais e mesmo sobre as pegadas dos animáis  que fomos atopando no bosque do Falán.

Pasiño a pasiño chegamos ao pobo da Conchada, aquí estaba esperándonos Pilar , a veciña máis vella do pobo, a única que vive nel co seu marido César nos meses de inverno.

Pilar recíbunos cunha amabilidade impresionante, con cantigas, con poemas e mesmo coa historia da Pepa Loba, quen andivo por estas terras.

Os nenos estiveron moi atentos as súas explicacións.

Neste pobo agardábanos outro interesante encontro interxeracional.

Cos avoíños do Centro Fogar de San Amaro para comermos xuntos…

para visitar o mirador………

….para camiñar pola Conchada, e para descubrir guiados por Pepe, por César e por Pilar, a beleza de cada un dos seus recunchos.

Foi unha xornada moi interesante polo que queremos darlles as grazas a Pepe, a Pilar, a César aos avoíños do Centro Fogar de San Amaro, aos seus educadores e coidadores, e a todos e a cada un dos que a fixeron posible, e comprometernos a volver nos vindeiros anos para seguir reforestando, e para comprobar como medran as nosas árbores.