Monthly Archives: marzo 2019

ARBORIZÁNDONOS

Para celebrar o Día da Árbore, na nosa escola, desenvolvemos as seguintes  actividades:

1- PLANTAMOS BIDUEIROS:

2-FIXEMOS MURAIS PARA DECORAR OS CORREDORES E AS AULAS:

3-AS NENAS E OS NENOSDE 1º FIXÉRONLLE UN AGASALLO AOS CARBALLOS DA NOSA ESCOLA.

Regaláronlle un xardín para que os carballos tiveran boa compañía.

4-PLANTAMOS CASTIÑEIROS E CARBALLOS COAS LANDRAS E CASTAÑAS QUE TROUXEMOS DAS NOSAS CARBALLEIRAS E DOS NOSOS SOUTOS.

A HORTA DO ALBINO

A horta do Albino é sensacional,

nela sachamos e aprendemos a plantar.

Sementamos patacas, allos e cebolas,

e as galiñas da veciña dicímoslle ola!!!

 

 

Recollemos as leitugas, os repolos e as acelgas,

e ata descubrimos un caracol, durmindo a sesta!!!

 

A nosa colleita levámola á  cociña,

para que Angeles, Alfonso e María, nos fagan unha rica comida.

Retiramos as malas herbas , que moito medran!!!

Xuntamos a folla na nosa carballeira,

para abonar a nosa horta ao chegar a primavera.

Despois de tanto traballo toca descansar,

e zamparnos as leitugas na  hora do xantar!!!

 

 

DESPLASTIFÍCATE

As nosas nenas, e os nosos nenos desenvolveron a campaña :”Desplastifícate”.
Comezaron descubrindo cales eran os  efectos contaminantes dos plásticos na terra, non aire e non mar.
Logo fixeron cartéis para sensibilizar aos compañeiros, e finalmente comprometémonos todos os membros da comunidade educativa a “disfrazarnos de vida”, eliminando os pláticos dos nosos disfraces.

 

 

 

 

 

 

ASIQUE NON O DUBIDES, ESTE ENTROIDO …………

 

 

DAS CORES ÁS CINZAS

Na nosa escola, este ano, propuxémonos acadar 2 obxectivos coa celebración do Entroido.

1- Non empregar o plástico nos nosos disfraces.

2- Concienciarnos, e concienciar a todos os membros da nosa comunidade educativa, do impacto que poden ter sobre o bosque as nosas decisións, e as nosas accións.

Para elo durante o mes de febreiro estivemos vendo en todas as aulas a seguinte película:

Resultado de imagen de el bosque animado Ao rematar de ver ” O bosque animado”, e de comentar os valores e os contravalores que aparecen na película, decidimos representar un bosque cheo de vida, cheo de cores, fronte a un bosque en cinzas, no que quixemos mostrar  o perigo das plantación de eucaliptos e dos incendios.
Centramos  o noso Entroido no paso da vida á morte, ou da morte á vida, dos nosos bosques debido as intervencións dos humanos.
Velaí o noso traballo que comeza representando un BOSQUE DE CORES  no que podemos atopar:
TRASNOS
NINFAS E ÁRBORES
MOUCHIÑOS

LOBOS

E ATA A ROBIN HOOD
A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO VER COMO A ESCOLA SE TRANSFORMABA NUN BOSQUE BEN FERMOSO
 

AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS

E OS INCENDIOS

Sentímonos moi ledos, porque   despois de moito traballo o noso entroido acadou os obxectivos que fixamos ao comezo, xa que este ano por primeira vez non empregamos as tradicionais bolsas de plástico para a elaboración dos disfraces, e a temática escollida servíu para que sexamos conscentes da necesidade de coidar os nosos bosques.

E do importantes que somos os seres humanos para que as nosas árbores e os nosos bosques sigan vivos.

Cicais é iso o que o duende Lola lle está dicindo a Sole, a súa nai.