Daily Archives: 06/02/2019

ENTRE FOLLAS DE SABEDORÍA

Preparados para participar  no novo concurso!!!

Esta é a 1ª ficha, e a 1ª pregunta para os nenos e as nenas de 4º.

O CARBALLO

É unha árbore que pode pasar dos 40 m de altura.

A súa copa ten forma de globo, é ampla e irregular. Constitúe o principal representante da vexetación autóctona de Galicia

Os carballos florean entre abril e maio, e os froitos maduran en setembro.Resultado de imagen de CARBALLOS HOJAS

É orixinaria de Europa, Asia e o norte de África.

Ademais do gran valor paisaxístico, a súa madeira magnífica, dura e pesada foi sempre moi apreciada na  construción e na carpintería.

Unha carballeira é un bosque natural onde o carballo é a árbore dominante (en Galicia a especie principal sería o carballo común).

Resultado de imagen de ROBLE

A diferenza cunha fraga é que a carballeira é monoespecífica, polo que o carballo predomina claramente sobre outras especies arbóreas.

Ademais a fraga ten un grao de naturalidade maior, é dicir, achégase máis a un bosque virxe, bosque clímax ou primario.

Moitas fragas rematan sendo carballeiras cando perden biodiversidade, con todo, é unha formación de alto valor ecolóxico.

Para o seu normal desenrolo, os carballos precisan  chans profundos, frescos e soltos, aínda que soportan certo enchoupamento temporal.

É unha especie robusta e de longa vida ( pode superar os 1000 anos) .

Son árbores de gran valor ornamental e  paisaxístico.

En Galicia son típicas as carballeiras preto das igrexas e das ermidas, e en lugares de festas e de feiras.Ver las imágenes de origen

 

Os carballos sofren a doenza do Oidium, un fungo que se desenrola sobre a folla, dándolle un aspecto peloso de cor branca. Non chega a mata-la planta pero debilítaa considerablemente.

 

Os lumes e especies alóctonas como a mimosa son outros dos   inimigos dos carballos, con todo a superficie de carballeira aumentou nos últimos anos, en parte polo abandono de terreo agrícola causado polo despoboamento.

As carballeiras, ao igual que as fragas son o escenario de milleiros de contos, e lendas galegos. Carballos sagrados, mouros, lobishomes, trasnos, fadas, espíritos e a Santa Compaña aparecen e moran nestes bosques.

O termo Carballeira é un topónimo moi común na xeografía galega, e é ademais un apelido.

E agora para as nenas e os nenos que participades no concurso só vos queda ir a Biblioteca da nosa escola  pedir esta ficha e responder a seguinte pregunta:

Como se chaman os froitos do carballo?Resultado de imagen de bellotas