Daily Archives: 03/02/2019

FOLLAS DE SABEDORÍA

Os cativos de 2º,  e de 3º, que queiran participar neste concurso, terán que buscar as respostas nos “Abremente”.Este material é ideal para aprender e para divertirse.

Estará na biblioteca a disposición dos participantes no concurso.

 

As nenas e os nenos terán que responder  3 preguntas cada semana,  referidas a árbores e a plantas, cada resposta correcta valerá un punto.

PRIMEIRA SEMANA

1.Todas as cenorias son de cor laranxa?                                         Resultado de imagen de tomate
2.O tomate é orixinario de :
a) Europa.
b) América.
c) Oceanía.
3.Que actividade se basea no cultivo da terra, a agricultura ou a gandería?

 

SEGUNDA SEMANAResultado de imagen de menta

1.Existen plantas que non teñen flor?
2.Hai flores comestibles?
3.Que herba aromática lle dá sabor a chicles e a dentríficos?

TERCEIRA SEMANA:

1.De que cor son as follas das espinacas?
2.As plantas que viven doutras plantas chámanse vexetarianas ou parásitas?
3.As plantas absorben a auga polas follas?Resultado de imagen de planta carnívora

CUARTA SEMANA

1.Todas as plantas florecen na primavera?
2.As plantas carnívoras comen persoas?
3.Como se chama a árbore que dá castañas?

QUINTA SEMANA:

1.Cal é máis alto, unha árbore ou un arbusto?
2.Que árbore é máis alta, un limoneiro ou un castiñeiro?
3.No planeta terra , apareceron primeiro as plantas con flor, ou as plantas sen flor?

SEXTA SEMANAResultado de imagen de nido

1.Reordena as letras da palabra AMAR, e atoparás unha parte das árbores.
2.En que ecosistema medran menos plantas, na selva ou non deserto?
3.Que constrúen os paxaros coas follas e coas ramas das plantas?

DERRADEIRA SEMANA

1.Onde viven as plantas acuáticas?
2.De que órgano da planta se orixina o froito?
3.Como se chaman os científicos que estudan as plantas?

O BOSQUE DA PAZ

Na semana da Educación Ambiental, e da Paz, o equipo de Biblioteca propuxo representar unha obra de teatro, que lles axudara a entender  aos cativos do noso centro os principais problemas aos que se enfrontan os nosos bosques.

Iria, Marco Antonio, Luz María, Alejandro, Carla e Mario foron o grupo de voluntarios encargados desta sesión de “Teatro pola Paz”.

Paz , unha nena de 8 anos, á que lle encanta ler á sombra dun carballo milenario, e Ciclo, o trasno que protexe o bosque, terán que enfrontarse á Bruxa Limpa.

 

Esta bruxa, que non lle fai honor ao seu nome, senón todo o contrario pretende queimar o bosque e encher todo de lixo, poque está namorada da contaminación.


Para elo conta con 2 axudantes,dispostos a cortar todos os  carballos.

Paz e Ciclo terán que convencer as leñadores para que cambien o seu traballo, polo de gardabosques .

Logo de escoitaren os argumentos de Paz e de Ciclo a favor dos bosques os nosos leñadores deciden converterse en coidadores das árbores.

COMO ANDA O PATIO?

As nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil baixaron o patio dos nenos e das nenas de Educación Primaria. Querían comprobar se estes compañeiros, dende que comezamos coa actividade : “Escola verde”,  foran  capaces de reducir o plástico que usan, e de  tirar o lixo só  nas papeleiras, ou se pola contra seguían tirando envoltorios de plástico   no patio da escola.

Ían moi atentos, camiñando moi despacio convencidos de que  xa somos unha escola verde…………..

……….pero de súpeto Lola atopou un anaco de plástico no patio.

E Sara atopou outro.

Moi mal, -dixo  Aarón, prefiro non ver este desastre,  isto a Verdemán non lle gusta nada.

E a nós  tampouco -dixeron Claudia e Ángela que viran máis papeis tirados no patio.

E que podemos facer para termos unha escola verde?, -preguntoulle Mael a Verdemán.

Como Verdemán non respondía, as  cativas e os cativos de 4ºde Educación infantil reuníronse en asamblea,  para contar o lixo que recolleran.

Un pouco tristes, e preocupados sentáronse, para buscarlle unha solución a esta situación.Puxéronse a pensar…..

Rodrigo dixo que había moitos menos anacos de plástico que a comezo.  Esta vez só recolleran 14, pero aínda non chegaramos ao noso obxectivo, a semana cero, na que non houbera ningún anaco de plático ou de papel nos nosos patios.

Facía falta un gardián!!! E NINGUÉN MELLOR CA VERDEMÁN!!!!!

Si, si dixo Izan, Verdemán pode quedar no patio dos maiores, para iso o pintamos de cores!!

Para que lles lembre que non sigan tirando anacos de plástico no patio, -engadíu Antón, e podamos ter  unha escola verde e limpa.

IMOS COLOCAR UN VERDEMÁN EN CADA UNHA DAS PAPELEIRAS QUE ATOPEMOS NOS PATIOS.

Boísima idea , engadíu Lola, asi teremos unha escola fermosa, e os nenos de infantil non teremos que poñer estas luvas, que non nos gustan nada, porque son de plástico……….

e ademais son moi grandes, – contestoulle Anxo.

Asique agora tócalle aos nenos de educación primaria tirar o lixo só nas papeleiras nas que están Verdemán, para chegar á semana cero , e converter a nosa escola nunha escola verde. Entre todos temos que conseguilo, tal e como din  Lorena e Sara.