Daily Archives: 16/01/2019

ESCOLA VERDE

 

Para conmemorar os días 26 de xaneiro, Día da Educación Ambiental, e o 30 de xaneiro, Día da Paz; no noso centro  imos  desenvolver   as seguintes actividades:

1- POR UNHA ESCOLA VERDE : VER, SENTIR E ACTUAR

VER

Comezamos traballando con  estes materiais na aula:

Logo  saímos das aulas para ver  ” como estaba o patio”, coa intención de comprobar se a nosa era “unha escola verde”, na que o lixo se tiraba nas  papeleiras, ou se pola contra o estabamos tirando en calquera recuncho.

E isto foi o que atopamos:

SENTIR

 Nos nosos patios había envoltorios de caramelos, e anacos de papel e de plástico.

ACTUAR

Polo que decidimos recollelos, motrarllos aos  nenos   de educación primaria, e pedirlles axuda a todos os membros da comunidade educativa para conseguirmos  unha “ESCOLA VERDE”.

O primeiro día recollemos só nunha zona do patio de educación infantil 25 anacos de plástico.

Propuxémoslle que todas as semanas os cativos, e as cativas de educación infantil íamos saír un día ao patio para recoller este lixo, logo ensinariámoslles todo o que fomos recollendo co obxectivo de que cada semana houbera menos plásticos nos nosos patioS, ata chegar á semana cero.

Esta semana sería aquela na que a nosa bolsa de lixo estivera baleira porque non atopamos ningún resto de plástico ou de papel fóra das papeleiras, e nese intre poderíamos considerarnos una “ESCOLA VERDE”.

Para que todos lembremos onde temos que tirar o lixo os nenos, e as nenas de educación infantil colorearon estes carteis do Capitán Verdemán, que logo colocaremos ao lado das papeleiras.

 

E para que non esquezamos cal é a nosa meta cantaremos e bailaremos ao  saír ao patio recoller o lixo, en busca da semana cero  “La hora del planeta”.

2-REDUCIR

A nivel de centro decidimos reducir o uso do plástico, polo que nós comprometemos a non empregalo nos disfraces de entroido, xa que de xeito habitual era o material que utilizabamos para elaboralos.

Elaboramos consellos para as familias, cada semana os nenos e as nenas terán que levar un para a casa.

Consellos  para reducir o consumo de plástico.

  1. Evita comprar auga en botellas de plástico.
  2. Esquece as palliñas de plástico.
  3. Usa bolsas reutilizables.
  4. Quita os chicles da túa vida.
  5. Compra produtos empaquetados en cartón ou vidro.
  6. Substitúe as fiambreras de plástico (tuppers) por recipientes de cristal ou de aceiro inoxidable.
  7. Comprar produtos a granel
  8. Non uses film de plástico.
  9. Usa utensilios de cociña de madeira, bambú ou aceiro inoxidable
  10. Usa pinzas da roupa de madeira.
  • Resultado de imagen de alimentos a granel