Daily Archives: 02/01/2019

BIBLIOBOSQUE

Agora que é tempo de Reis Magos nace o apartado “bibliobosque” para suxerirnos libros,  que poden ser o mellor  agasallo para ensinarnos a coidar os nosos bosques, as nosas árbores e a nosa imaxinación.

Ao longo de todo o curso iremos incorporando novos títulos que nós axudarán a coñecer, a sentir e a valorar as nosas árbores, e que podemos atopar na biblioteca do noso centro.

Animamos aos papás, ás mamás e ás avoíñas,  e aos avoiños dos nosos nenos, a que escollan algún destes libros, para viren lelos á  aula na que están os seus cativos.

  1. La vida secreta de los Árboles

Ver las imágenes de origen
Peter Wohlleben garda forestal e amante da natureza, narra neste libro fascinantes historias sobre
as insospeitadas e extraordinarias habilidades das árbores. Reúne por unha banda os últimos descubrimentos
científicos sobre o tema, e por outra as súas propias experiencias nos bosques; e con todo iso ofrécenos un
emocionante punto de encontro, unha maneira de coñecer mellor a uns seres vivos cos que cremos estar
familiarizados pero dos que sabemos moi pouco.

A VIDA SECRETA DAS ÁRBORES  permitiranos entrar no mundo oculto do bosque,  achegarnos aos sentimentos das árbores e coñecer como se protexen.

Afirma o autor que: “Nos bosques suceden cousas sorprendentes: árbores que se comunican entre si, árbores que aman e coidan aos seus fillos e aos seus vellos e enfermos veciños; en definitiva árbores sensibles, con emocións, con recordos… e con sentimentos”.

2. ÁrbolesPiotr Socha afonda, xunto a Wojciech Grajkowski, no mundo das árbores nesta marabillosa obra. Nela atoparemos interesantes respostas a moitas das preguntas que podamos facernos sobre as árbores.

Descubriremos  cantas especies de árbores hai no noso planeta. Por que son tan importantes para o resto das especies.  Como construír unha casa na súa copa.  Que idade ten a árbore máis vella do mundo…..
Neste libro  temos  interesantísimos datos sobre as árbores, as súas follas e as súas raíces; cales son as árbores máis altas, máis anchos e máis antigos; construcións, instrumentos e vehículos de madeira; as peculiaridades de árbores como o baobab, o bonsái, a topiaria e o alebrija; algunhas lendas e o papel das árbores nas relixións.

Temos polo tanto un libro cheíño de información que vós animamos a ler.

3.El hombre que abrazaba a los árboles.

Este libro contén pouco máis de cen páxinas,  escritas desde o profundo amor polos bosques.

Cunha enorme habilidade narrativa, Ignacio Sanz soubo combinar nesta historia a emoción dunha amizade entre un ancián leñador e unha nena moi curiosa, salpicada de suculentas conversacións que se enredan en ocasións en pequenos relatos produto da imaxinación, e noutras, en relatos que describen con realismo o comportamento de moitas aves do bosque.

Felicidade e Marcial son os protagonistas deste libro. Viven en Piñares, un pequeno pobo rodeado de bosques de piñeiros, con esquíos  pequenos, paxaros faladores  e piñas cheas de ricos piñóns.

Ela é todo ouvidos co ancián que responde ás súas constantes preguntas e regálalle historias. Xa o ten claro: quere ser garda bosques.

Felicidade fíxose moi amiga de Marcial, un vello leñador que lle conta historias sobre o seu traballo. O home lembra as aventuras que viviu en Canadá, onde se enfrontou aos perigos dos bosques e coñeceu a personaxes inesquecibles. Marcial comprende todos os segredos da natureza. Un día empeza a perder a memoria. Felicidade,entón, comprende o importante que resulta que agora ela se faga cargo de contar as historias do vello leñador.

Saber e emoción están entrelazados nestas páxinas.

Marcial e Felicidade están cheos de riqueza persoal, con opinións e comportamentos cheos de valores cara ás relacións, a natureza e as persoas, manifestados con moita sinceridade, sen artificios e en ocasións, cunha sutil dose de crítica.

Marcial cóntalle á nena algo impresionante, dille que, antes de cortar unha árbore, el sempre o abrazaba. Non lle importaba que os seus compañeiros se risen.

Abrazaba árbores porque os quería. Era unha maneira de pedirlles perdón. Díxonos que, para rexenerar un bosque, hai que cortar as árbores vellas, pero a el dáballe moita pena ter que cortalas.

Este libro é un canto á natureza e unha historia de esperanza e ilusión sobre aqueles que nunca se dan por vencidos.

4. A memoria das árbores

 

Cando naceu Tano, seu pai plantou  no xardín a semente dunha árbore tropical. E díxolle ao rapaz: Chámase Baobab e medrará canda ti, seredes como irmáns.

Tano aínda era moi cativo, e pouco entendeu do que lle estaba a dicir o seu pai.

Cando Tano cumpriu 5 anos houbo unha gran festa na súa casa. Pero ninguén se lembrou de Baobab que tamén facía 5 anos. E  Tano queixouse porque se esqueceran da súa irmá árbore.

Ao rematar o día do aniversario Tano foise deitar, porque estaba moi canso e foi entón cando alguén petou na fiestra

e ………….convidámosvos a ler, a compartir e a regalar  este fermoso conto.

 

5. O home que plantaba árbores

Ver las imágenes de origen

Este libro  narra a historia dun pastor que, coa súa soa vontade e esforzo, foi capaz de converter  unha terra deserta, abandonada, e infértil, nun marabilloso bosque cheo de árbores, e de vida.O narrador cóntanos como no 1913, nunha excursión pola Provenza atravesou unha zona árida na que non medraba nada, e na que era imposible atopar auga. Pobos abandonados mostraban que na zona unha vez viviron persoas, agora  xa só quedaban as ruínas das súas casas. No medio desa desolación, o narrador atopa un pastor co que pasa un par de días mentres lle explica a súa principal ocupación: plantar árbores.
Cada día prepara e planta landras de carballos na inmensidade deserta das montañas que o  rodean.
O pastor ignoraba  quen era o dono das terras que plantaba, se é que o tiñan, pero comprende que aquelas terras morrían  pola falta de árbores. Xenerosamente, dedica os seus esforzos a devolvelas á vida.

6. La estación de las hojas

Este é o primeiro libro da ilustradora Isabel Ruiz Ruiz.A estación das follas é un álbum ilustrado que utilizando o outono como escusa, aborda nunha linguaxe sinxela e poética o medo ao cambio, á perda. Ás veces, só basta unha mirada diferente para descubrir a maxia que se esconde tras esa realidade que cambia. O conto narra dunha forma poética pero á vez sinxela o medo aos cambios, expresado a través da incomprensión e inconformismo dunha nena ante a chegada do outono. Nun principio négase a aceptar a caída das follas, pero aos poucos vai descubrindo o fascinante que poden resultar eses cambios

7. Los guardianes del bosque

los guardianes del bosque-agustin fernandez paz-9788498450132Dona Rosa vendeulle as súas propiedades a uns señores, que queren destruír unha carballeira  para construír edificios.
Iso si, se o consenten os seres fantásticos que habitan no bosque.
Ti tamén podes ser un bo gardián da natureza.
Atréveste?