Monthly Archives: noviembre 2018

OUTONO NO FALÁN

Convidamos aos membros da nosa comunidade educativa a camiñar por este fermoso bosque, para fotografar a súa beleza no outono.

E isto foi o que atopamos…

Unha mezcla de cores capaz de impresionarnos.

Un camiño que nós leva a descubrir , e a aprender , e que nós plantexa  unha nova tarefa,  a de coñecer o nome das árbores, e dos arbustos que fotografamos.

MENOS LIXO MÁIS OSÍXENO

Esta é unha das iniciativas das nosas nenas e dos nosos nenos, limpar o bosque do Falán de lixo. Para continuar logo reforestando  na zona queimada do pobo de  Naves,  e limpando o vello camiño que levaba aos monxes dende o Mosteiro de Santa Comba de Naves á Capela, polo que hoxe é imposible camiñar.

De momento andamos limpando o bosque de lixo, e facendo sementeiros de carballos e de castiñeiros.

Aquí temos aos cativos de sexto recllendo lixo  no bosque do Falán de lixo.

SÁCALLE AS CORES AO OUTONO

Queremos presentarvos a exposición:  “As cores do outono”, que foi posible organizar grazas ás familias da nosa comunidade educativa. De novo temos que agradecerlles  o seu traballo e a súa cooperación.

AMIGUIÑOS A AMIGUIÑAS DO FALÁN

As nenas, e os nenos de 6º de educación primaria percorreron o bosque do Falán, recollendo o lixo que atoparon na súa andaina.

SÁCALLE AS CORES AO OUTONO

De novo, en cooperación cos equipos de meteoescolas, Tics, biblioteca, dinamización da Lingua galega e actividades extraescolares, solicitamos  a axuda das familias para organizar a exposición “Sácalle as cores ao outono”:

Pedímoslles que nós enviaran imaxes, composicións ou productos desta estación, xa temos algunhas fotos:

CASTALANDRA

Na semana do San Martiño sementamos landras e castañas.

Logo, cando nazan as nosas árbores, iremos ao monte de Palmés para plantalas, guiados polo forestal Pepe Santos.

E, como queremos conseguir bos castiñeiros e bos carballos, o primeiro que fixemos foi seleccionar as mellores castañas, e as mellores landras.

Laia, Julia e Lucía seleccionan observando e seleccionando sementes.

 

Ata atopamos vermes!

Despois de escoller as sementes fixemos a proba de flotación, e fomos retirando as sementes que flotaban.

Rematada a selección de sementes tocou polas nas macetas.

Levalas ao invernadoiro, e agardar que abrollen.

AMIGOS/AS DAS ÁRBORES

Durante esta semana temos programadas varias actividades para conmemorar o San Martiño.

A través delas pretendemos:

-Ampliar os nosos coñecementos arredor dos castiñeiros, dos soutos, das castañas, e do coidado do bosque e do monte.

-Aumentar o noso “bosquebulario”, que é como definimos ao vocabulario que imos traballar este ano, referido ao bosque.

-Fomentar a sensibilidade cara os nosos bosques, e  o respecto e o coidado das nosas árbores.

Pepe Santos fixo unha exposición moi interesante, e amena, referida á biodiversidade e á prevención de incendios.

 

-Desenvolver a primeira parte dunha actividade que rematará coa segunda sesión no monte de Palmés, para reforestar parte desta zona, que sufríu un incendio.

Durante a charla Pepe explicounos cales  eran os motivos para dedicar cada ano a un tema relacionado co medio ambiente, e cales eran os obxectivos destas celebracións.

OS NENOS ESTIVERON MOI ATENTOS E DISPOSTOS A INTERVIR NA QUENDA DE PREGUNTAS

Pepe achegounos ás causas e ás consecuencias dos incendios, e fixoo a través das imaxes que el foi recollendo ao longo de moitos anos de traballo, e de intervencións para apagar lumes, reforestar as zonas danadas e levar á escola unha mensaxe de esperanza, que busca o compromiso dos máis cativos na defensa e no coidado das árbores.

O noso ponente é membro da Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia e despois de escoitalo e de aprendermos moitas cousas grazas a el, quedamos pendentes dunha segunda sesión, un encontro no bosque de Palmés para intentarmos recuperar o que o lume estragou.

Antes de rematar falounos do Premio Nobel Alternativo e “dun dos seus bos amigos”.

Ver las imágenes de origen

Un agricultor burkinés que detivo o avance do deserto, e sobre o cal terán que facer un traballo de investigación os nosos nenos e as nosas nenas.

 

 

 

 

PANADEIROS POR UN DÍA

As cativas, e os cativos de 4º de educación infantil convertéronse en panadeiros por un día.

Guiados por Sergio fixeron pan de millo.

Despois de coñecer,  e de cantar a seguinte canción do grupo migallas:

Os pequenos da escola  participaron en cada un dos recunchos deste taller :

 

DEBULLARON AS ESPIGAS:

 

 

PENEIRARON A FARIÑA:

AMASARON:

 

E PROBARON:

AS CORES DO OUTONO

As nenas e os nenos da nosa escola andan fotografando a beleza do outono, para “sacarlle as cores”, e organizar una exposición de fotos, follas, froitos ….desta estación.

Velaí  “as cores que xa lle foron sacando” os cativos de 6º de educación infantil.

 

Convidamos, a todos os membros da comunidade educativa, a que nós mandedes as vosas fotos de outono. E a que esollades unha das seguintes e lle poñades un título:

A NOSA MASCOTA

Xa temos mascota para o noso proxecto. E ,como non podía ser doutra maneira, a nosa mascota é un carballo, que visitará nunha mochila viaxeira, as casas dos nosos alumnos, para proporlles que lean en familia a documentación que o acompaña.

 

 

Carballos e carballeiras.

 

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero Quercus da familia Fagaceae

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi, e aínda  é, sustituido polo piñeiro e polo eucalipto, de máis rápido crecemento.

O carballo é unha árbore de valor mitolóxico en Galicia.

En Galicia hai moitos tipos de carballos ou Quercos.

Hai ríos onde os carballos son moi comúns: o Ulla en Grés, o Arnego en Ponte Cabalos, o Lérez en Cerdedo, o Deva por riba de Arbo, etc. Actualmente os carballos galegos están a ter unha plaga que non sabemos como rematará.

Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras

En Galicia, temos moitos tipos de carballos, salientando o carballo común . De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.

CRENZAS ARREDOR DO CARBALLO

O carballo unha  árbore máxica:

“O carballo é unha árbore máxica e lexendaria.

 A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Seica era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta ‘auga lustral’ para sanar enfermidades e protexer dos males”.

Curiosidades

O  carballo de Santa Margarida de Mourente en Pontevedra.

É un carballo moi famoso, porque din qe debaixo del se xura amor eterno.Resulta un carballo moi curioso, porque está torto, e ten una parte seca.

Xa mencionaba este carballo Frai Martín Sarmiento no ano 1735, polo que debe ter moitísimos anos.