Para celebrar o Samaín as cativas, eos cativos de educación infantil fixeron pantasmas, reutilizando vasos de plástico e tiras de papel.
Mirade canto traballaron ……
e que ben lles quedaron!!!
Ata daban medo!!!
Para celebrar o Samaín as cativas, eos cativos de educación infantil fixeron pantasmas, reutilizando vasos de plástico e tiras de papel.
Mirade canto traballaron ……
e que ben lles quedaron!!!
Ata daban medo!!!
Quixemos comezar o noso proxecto cunha viaxe, capaz de unir arredor do bosque do Falán: o pasado e o presente; os avoíños, e as avoíñas do Centro Fogar de San Amaro, as nais e os pais dos alumnos de 5º e de 6º, os mestres, un grupo de voluntarios, os nenos e as nenas, e o último prior do Mosteiro de Santa Comba de Naves.
Na baixada do pobo de Naves ao Mosteiro aproveitamos para recoller lixo.
No medio do camiño esperábanos o historiador Suso Martinez, para interpretar ao último prior deste Mosteiro, Antonio de Neira, quen nós guiou cara unha viaxe ao pasado.
Con moita ilusión, e gañas de aprender dispuxémonos a escoitalo:
E a seguilo:
Antonio de Neira ensinounos que detrás das pedras sempre houbo, e haberá unha historia, e achegounos á deste Mosteiro.
Rematada a visita teatralizada con Suso Martínez collemos o marabilloso camiño que vai ata a Conchada, a través do bosque do Falán:
E logo de gozar dunhas vistas impresionantes :
E de descubrir moitas árbores, das que teremos que aprender os nomes, e varias características, chegamos ao pobo da Conchada:
Temos que agradecerlle aos avoíños do centro de San Amaro o esforzo que fixeron para acompañarnos, e chegar á meta, asi como aos voluntarios que axudaron a que fora posible realizar esta andaina no tempo arredor do bosque do Falán.
Convidamos a todos os membros da comunidade educativa, a través da seguinte carta, a facer este percorrido con nós, a visitar á natureza para aprender dela e con ela.
Estimadas familias:
Ao longo deste curso desenvolveremos, coa colaboración de todos os equipos do centro, o proxecto: “Entre salgueiros, bidueiros e carballos”,para elo convidámosvos a “plantar un fillo, escribir unha árbore e ter un libro” con nós.
PLANTAR UN FILLO: Consistiría en vincular, enraizar, unir os nenos e as nenas ao patrimonio natural e cultural da nosa contorna, aproveitando a sabedoría da nosa xente. Para coñecer, e valorar este patrimonio, utilizaremos as visitas guiadas á Santa Comba de Naves, ao bosque do Falán, ao pobo da Conchada e ao museo etnográfico do Elías, ademaisdo traballo na horta, e dos traballos de investigación na aula, sobre as plantas medicinais e as árbores autóctonas..
TER UN LIBRO: O alumnado levará na mochila viaxeira libros relacionados co proxecto, e un listado de libros recomendados por idades para que cada familia seleccione un libro e o teña como “libro de cabeceira”.
Propoñémosvos que para o día do libro, ás familias veñades ler ese libro, ou algún capítulo do mesmo, aos compañeiros do voso fillo, ou da vosa filla, na nosa carballeira, celebrando así o“ I ENCONTRO DAS FAMILIAS , DAS ÁRBORES E DOS LIBROS”.
Tamén vos agradeceríamos que, ao longo do 1ºe 2º trimestre nos enviedes ao correo do centro : ceip.albino.nunez@edu.xunta.es ,unha foto da familia lendo ese libro, para organizar unha exposición.
ESCRIBIR UNHA ÁRBORE: Co gallo da celebración do Samaín convocaremos un novo concurso de contos de medo. Este ano a historia desenvolverase na contorna que visitaremos proximamente( Mosteiro de Naves, bosque do Falán e pobo da Conchada) , e os protagonistas serán os veciños do pobo, os avós do centro Fogar De San Amaro que nos acompañarán na viaxe,o alumnado, e/ou as personaxes misteriosas coas que nos atoparemos ao longo da xornada.
Para o mes da poesía pregamos a vosa colaboración escribindo un poema en familia, e vindo ao centro para celebrarmos o «1º RECITAL DE POEMAS ENTRE CARBALLOS».
E, para rematar, convidámosvos, a participar na saída, que se organizará desde o centro, para plantar carballos en Palmés e limpar o camiño que vai do Mosteiro de Naves á capela.
De todas estas actividades enviaremos un listado para que vos anotedes nas que poidades colaborar.
Agradecemosa vosa axuda, para ir e aprendermos xuntos.
Un ano máis, cheos de ilusión, cos pés na terra e con moitas gañas de aprender, comezamos outra andaina.
Esta vez a través do bosque do Falán, para atoparnos coas súas árbores autóctonas, coas lendas que se agochan entre elas, coas historias cargadas de misterio que puideron suceder nel, historias impresionantes que xiran arredor dos druidas e da orixe do Samain. Coa sabedoría da xente que atoparemos nas nosas camiñatas, ou que convidaremos a vir con nós, coa beleza dos pobos da nosa contorna, cos Mosteiros que aínda permanecen en pé e que nos lembran a historia destes lugares, co Museo de Elias e , cun silencio e cunha paz inigualables, deses que só se senten e respiran entre salgueiros, bidueiros e carballos.
MOSTEIRO DE SANTA COMBA DE NAVES
Os bosques constitúen un dos ecosistemas máis valiosos do planeta. Fronte á agudización do quecemento global, é momento de asumir un compromiso real de defensa forestal.
Un bosque é moito máis que un conxunto de árbores; constitúe unha comunidade que tamén inclúe innumerables arbustos, herbas, brións, liques e fungos, onde ademais habita unha ampla variedade de animais.
Co proxecto «entre salgueiros, bidueiros e carballos» pretendemos que:
* Os nosos cativos aumenten os seus coñecementos e o seu vocabulario, ao aprenderen que ás veces existe un terreo máis ou menos amplo onde predominan ou viven en exclusiva árbores da mesma especie, e nese caso o bosque adquire unha denominación específica. Temos así unha carballeira (de carballos), un souto (de castiñeiros), un sobreiral (de alcornoques), ou un teixedo (de teixos). Noutros bosques existe unha variedade máis ou menos ampla de especies arbóreas e nese caso chamámolos fragas, onde nunca falta algún carballo
* Investiguen, e descubran cales son as árbores e os arbustos propios de Galicia, no só as máis populares, tales como os castiñeiro ou os carballos. Queremos que sexan capaces de recoñecer outras árbores galegas como: o ameneiro (aliso ou álamo negro), o salgueiro (salgueiro), o bidueiro (bidueiro), o freixo (fresco), ou o loureiro e que ademais saiban que gran parte destes últimos forman os nosos bosques da ribeira.
* Reflexionen sobre a importancia das especies autóctonas, e se dean conta de que desde fai algún tempo , e pretendendo sacar maior rendibilidade económica á riqueza forestal, dedicámonos a plantar outras especies arbóreas de crecemento rápido (como o eucalipto), que permiten unha explotación económica a curto prazo, aínda que a rendibilidade a longo prazo sexa menor.
* Descubran que o bosque con especies autóctonas, non soamente alberga maior biodiversidade, e a posibilidade de defenderse mellor ante os incendios, senón que pode rendibilizarse economicamente. Intentaremos que comproben, nunha entrevista con persoas que se dedican a compra de madeira, que mentres a madeira de eucalipto se paga a uns 50 euros o metro cúbico, as de castiñeiro, carballo ou nogueira poden multiplicar por 20 veces ese valor.
* Reforesten unha zona afectada polos incendios, en Naves de Palmés.
* Limpen os laterais dun secular camiño empedrado que antiguamente unía San Miguel de Canedo cos Chaos de Amoeiro e que nós permitirá acceder ao Mosteiro de Santa Comba de Naves.