Monthly Archives: julio 2018

ESTUDANDO O PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE

O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un proxecto de investigación ao longo de todo o curso sobre a nosa cidade, Ourense.

Despois dun intenso traballo, chegamos ao final do proceso: editamos a nosa propia guía turística da cidade e fixemos de guías nunha ruta interesantísima por Ourense o pasado venres 15 de xuño. Tivemos uns visitantes privilexiados: os rapaces e rapazas do CEE Saladino Cortizo de Vigo que viñeron moi emocionados!

Foi un día cheo de nervios, emoción e sorrisos onde compartimos e intercambiamos experiencias con alumnado doutro centro e outra cidade. Os nenos sentiron unha grande responsabilidade por ensinar a nosa cidade a outros compañeiros!

Dende o encontro nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde esperaban con caras de expectación, pasando polas Burgas, a Praza Maior, a Catedral, o Parque de San Lázaro e as beiras do río Miño, os pequenos gozaron dunha experiencia incrible e novedosa. Feito o traballo de guías, todos xuntos compartimos comida e xogos no parque Miño!

Xa para rematar, fixemos intercambio de agasallos! Eles obsequiáronos cunhas chapas feitas a man e personalizadas, e nós entregámoslle a nosa guía de Ourense editada.

Con moita mágoa tivemos que voltar aos nosos respectivos centros. Agardamos volver a atoparvos compañeiros e compañeiras do Saladino!0

Deixámosvos a nosa guía turística de Ourense e o making off de todo o proxecto de investigación “Afondando en Ourense”.