Monthly Archives: mayo 2018

AVANZANDO XUNTOS

Celebramos o Día da Solidariedade Interxeracional con varias iniciativas

O 2012, a Comisión Europea instaurou o 29 de Abril como o día da Solidariedade Interxeracional.

Na nosa escola situamos  este día como unha das datas claves dentro do noso proxecto:
«Auga, pedra, sabedoría e terra», planificando, e desenvolvendo actividades que nós permitiran gozar de  múltiples situacións de convivencia interxeracional, entre as persoas maiores e os nosos cativos, a través dos  encontros 4X: «Avanzando xuntos».

Por iso o venres 27 de abril fomos cos cativos de 4º, 2º e 5º de educación primaria  visitar o Centro Fogar de San Amaro.

As cativas e os cativos de 4 interpretaron varios temas, entre eles «amigos para siempre».

Durante varios meses preparamos as nosas actuacións con moita ilusión.

Os nenos e as nenas de 5º recitaron o poema :»¿Que cuantos años tengo?», de José Saramago.

 

As nenas e os nenos de 2º prepararon os temas de Paco Nogueiras: «Móvete», e «Meu o mundo é». O segundo tema apredémolo con linguaxe de signos, nun encontro 4X con Patricia.  Patricia é a nai de Julia de 5º de educación infantil.

E quedamos impresionados coa actuación que os avoíños e as avoíñas nós tiñan preparada.

As avoíñas e os avós cantaron para nós a canción de Rozalen :»Girasoles».

Canto nos gustou esta actuación!

Foi un encontro inolvidable cheo de ledicia, de tenrura e de cariño.

Ao final bailamos  todos xuntos. Foi unha sesión  que non debería supor un caso illado na nosa e relación coas persoas maiores.

 

Despois desta xornada tan agradable, só nos queda darlles as grazas ás persoas que traballan no Centro Fogar de San Amaro.

Grazas por  abrirnos o seu centro, por  achegarnos aos seus avoíños, e por facer  todo o posible para que puideramos desenvolver este encontro.

Graciñas por este día no que avanzamos xuntos, e por esa maneira tan doce coa que sempre nós recibides.