Daily Archives: 21/05/2018

SEMANA DA BIODIVERSIDADE

22 DE MAIO -DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

As Nacións Unidas proclamaron o 22 de maio como día Internacional da Diversidade Biolóxica.

Biodiversidade significa variedade de vida, tanto dos ecosistemas como de especies e individuos.

O noso planeta alberga unha gran variedade de  especies, tanto vexetais como animais, as cales viven en múltiples hábitats naturais. Cando  se alteran ou destrúen, ocasionan a perda de especies.

Na nosa escola, ao longo desta semana, imos desenvolver, con varios grupos de infantil e de primaria, actividades que teñen como obxectivo coñecer e manter a biodiversidade do noso horto escolar.

1-Recoller, plantar e sementar variedades autóctonas

Neste senso imos crear  a REDE SEMENTES ALBINO

O obxectivo inicial é recuperar as sementes que utilizaban os nosos avós, que estaban adaptadas á terra e ás súas características.

Para elo intentaremos crear o noso banco de sementes autóctonas.

Xa contamos con dúas persoas ( Fina de Garabatos e Sergio de Fuentefría) que nós enviaron sementes para a escola, neste caso de xudías, e que plantaremos esta semana.

2. Flores, flores e máis flores

Abellas, Sírfidos, Escaravellos, Abellóns…todos son grandes polinizadores importantes na nosa horta polo que é recomendable engadir ao noso sebe de plantas hóspede, aquelas que teñan flores durante  todas as estacións do ano.

Os nosos nenos e as nosas nenas investigaron cales eran as prantas máis atractivas para os insectos, e descubriron que as preferidas por eles son as seguintes:

1. Semprevivas: É unha das primeiras plantas que empezan a florecer a finais de inverno no noso horto, polo que darán o alimento necesario aos insectos polinizadores, brindándolles a oportunidade de pasar máis a miúdo pola nosa horta.

2. Lavanda: Florece cando empeza a época cálida. Atrae a moitas abellas, bolboretas, escaravellos polinizadores como o que vemos a continuación.

3. Ourego: Ademais de ser unha planta culinaria, as múltiples flores que xera sen ningunha dúbida chamarán a atención de moitos polinizadores.

4. Zinnias e dalias: Son moi coloridas e danse a sol directo, perfectas para a nosa horta.

5.Damasquinas: Esta planta actúa como nematicida, eliminando ou inhibindo o desenvolvemento de parásitos que dana as raíces das plantas da horta, sobre todo dos tomates e das patacas.

A flor desta planta favorece a presencia de insectos beneficiosos que polinizan as flores dos nosos cultivos.

6. Margaridas e Magarzas:  Calquera planta desta familia supón unha gran fonte de alimentación, para os insectos, polo que non poderán resistirse.

E tendo isto en conta esta semana no noso xardín plantaremos damasquinas,, petunias  e zinnias, e  arredor da nosa horta dalias.

3. STOP AOS  praguicidas

Os herbicidas, fungicidas e insecticidas son produtos caros e de elevada toxicidade. Ademais de aniquilar calquera praga que teñamos  destruirán tamén as poboacións de insectos depredadores e outra fauna beneficiosa.

Neste intre no noso horto temos unha pragas de escaravellos

Para  eliminalos empregaremos  os seguintes métodos ecolóxicos:
 * Deixar macerar durante 10 días rábano picante. Nun bote pomos unhas follas e cubrímolas con auga ata a metade. Aplícase con pulverizador.

* Colocar unha cobertura de palla arredor das plantas.

4. Achegaremoslles  alimento extra

Moitos paxaros son excelentes cazadores de insectos, axúdarémoslles  a atopar o noso horto con comederos e bebedoiros que complementen a súa dieta.

 5. CREAREMOS ESPAZOS HOGAREÑOS

Seguiremos colocando casiñas niño para os paxaros na zona do areeiro.