Daily Archives: 17/05/2018

SABEDORÍA

 No patrimonio do noso pobo atopamos os ritos  curativos da medicina popular galega.

Hoxe achegámonos a dous curandeiros, para aprender deles noutro encontro 4X.

Pedímoslle que compartiran con nós a súa sabedoría.O primeiro co que falamos  é un avoíño da nosa comunidade educativa, a segunda foi  Milucha, unha veciña do Concello de Amoeiro, filla e neta de curandeiros que leva máis de 50 anos sanando  aos que van a súa casa, na parroquia de Abruciños, pedíndolle que lles quite a pezoña.

Como ben sabemos a pezoña é un líquido velenoso segregado por algúns animais.

É unha substancia velenosa ou destrutiva tóxica producida e inoculada noutro animal por aparato inoculatorio presente no ser vivo produtor por picadura ou mordedura. Son toxinas que son utilizadas activamente para caza ou defensa. O termo en galego adoita referirse ao veleno só dalgúns animais como serpesescorpiónssapos e píntegas.

En asunstos de venenos, cada curandeiro ten o seu elemento de curación. Moitos usan o aceiro, como din eles por crenza. Milucha explicounos o modo de proceder cun exemplo dunha ponzoña de araña nun antebrazo. Logo de dicirnos o conxuro, contounos que  había que facer  cortes cun coitelo a modo de círculo, pechando o lugar ponzoñento, pasando o filo como se fosen cinco ou seis cortes perpendiculares ao longo da zona que tivera pezoña.

Conxuro de coutar a pezoña:

«Cóutote pezoña pola ponte de San Antón uns pasan e outros non. E dinlle dálle allo, rama de allo, para que non creza e que deveza. Se é punta pontón, se é víbora víborón. Se é cobra cobrón, se é lagarto lagartón. Se é salamántiga salamantigón. Se é araña arañón. Se é sapo sapón. Se é ulcera ulcerón. Se é cancro cancrón.

Córtoche os ollos para que non vexas e que non xuntes rabo con cabeza.

Córtoche as pernas para que non corras.

Córtoche  as tripas e o corazón para que te seques e disipes. Atrás si adiante non, co poder de Deus e dá Virxe María un Noso Pai e unha Ave María».

En cada sesión había que repetir este rito 9 veces.

A Sociedade Antropolóxica Galega editou este vídeo,  no que podemos  ver un ritual curativo da medicina tradicional galega para trata-lo mal de pezoña. Nel vemos  á Sra. Virxinia Corrales, de Anllo (Cea), explícando como se couta a pezoña.