Daily Archives: 09/05/2018

REBUSCANDO NA NOSA HISTORIA

Ao longo deste curso puidemos coñecer as dificultades coas que se desenvolveu a vida dos nosos avoíños e das nosas avoíñas , dos bis avós, e das bis avoas,  e de todos aqueles que tiveron que medrar nun mundo cheo de limitacións.

En moitas ocasións viñeron á escola membros das nosas familias, para explicarnos como fora  a súa vida.

Hoxe foron  os  membros da nosa comunidade educativa ( Sandra Lucía, Sergio, Celsa, e Roberto) os que  nós trouxeron máis obxectos antigos, para que  a través deles coñezamos máis da vida da nosa xente. E poidamos organizar una exposición para o día das Letras Galegas.

 

 

Como podedes ver, grazas a colaboración de pais, nais , avoíños e avoíñas,  xa temos desde una cadeira moi antiga, ata un ovo de zurcir calcetíns.

 

 

O ovo de zurcir foi o obxecto que máis lles gustou aos nenos:

Estiveron moi atentos cando a «profe María» lles explicou como funcionan as pranchas de carbón: