Daily Archives: 08/05/2018

ENCONTRO 4X EN GALEGO

Aquí  andamos, preparando  unha das festas que máis nós gusta,  falando, sentindo, bailando, cantando ……..e lendo en galego.

Patricia e Sheila ensaiando.

Estamos a voltas co Festival das Letras Galegas, contamos  coa axuda de Patricia, a nai de Julia ( alumna de 5º de Educación Infantil) que, de novo, visita a nosa escola para compartir  a sú sabedoría con nós. E desta maneira ensinarnos a cantar, con linguaxe de signos, o tema de Paco Nogueiras: «Meu o mundo é».

Como podedes ver  tanto os nenos como os profes estamos a porlle moito interese, non lle perdemos ollo a Patricia.

E xa sabemos dicir moitas cousas con linguaxe de signos, aquí estamos dicindo: » en galego falo.

 

Ademais  deste fermoso tema de Paco Nogueiras estamos traballando outro que nós lembran a importancia da nosa lingua.