22 DE MAIO -DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE
As Nacións Unidas proclamaron o 22 de maio como día Internacional da Diversidade Biolóxica.
Biodiversidade significa variedade de vida, tanto dos ecosistemas como de especies e individuos.
O noso planeta alberga unha gran variedade de especies, tanto vexetais como animais, as cales viven en múltiples hábitats naturais. Cando se alteran ou destrúen, ocasionan a perda de especies.
Na nosa escola, ao longo desta semana, imos desenvolver, con varios grupos de infantil e de primaria, actividades que teñen como obxectivo coñecer e manter a biodiversidade do noso horto escolar.
1-Recoller, plantar e sementar variedades autóctonas
Neste senso imos crear a REDE SEMENTES ALBINO
O obxectivo inicial é recuperar as sementes que utilizaban os nosos avós, que estaban adaptadas á terra e ás súas características.
Para elo intentaremos crear o noso banco de sementes autóctonas.
Xa contamos con dúas persoas ( Fina de Garabatos e Sergio de Fuentefría) que nós enviaron sementes para a escola, neste caso de xudías, e que plantaremos esta semana.
2. Flores, flores e máis flores
Abellas, Sírfidos, Escaravellos, Abellóns…todos son grandes polinizadores importantes na nosa horta polo que é recomendable engadir ao noso sebe de plantas hóspede, aquelas que teñan flores durante todas as estacións do ano.
Os nosos nenos e as nosas nenas investigaron cales eran as prantas máis atractivas para os insectos, e descubriron que as preferidas por eles son as seguintes:
1. Semprevivas: É unha das primeiras plantas que empezan a florecer a finais de inverno no noso horto, polo que darán o alimento necesario aos insectos polinizadores, brindándolles a oportunidade de pasar máis a miúdo pola nosa horta.
2. Lavanda: Florece cando empeza a época cálida. Atrae a moitas abellas, bolboretas, escaravellos polinizadores como o que vemos a continuación.
3. Ourego: Ademais de ser unha planta culinaria, as múltiples flores que xera sen ningunha dúbida chamarán a atención de moitos polinizadores.
4. Zinnias e dalias: Son moi coloridas e danse a sol directo, perfectas para a nosa horta.
5.Damasquinas: Esta planta actúa como nematicida, eliminando ou inhibindo o desenvolvemento de parásitos que dana as raíces das plantas da horta, sobre todo dos tomates e das patacas.
A flor desta planta favorece a presencia de insectos beneficiosos que polinizan as flores dos nosos cultivos.
6. Margaridas e Magarzas: Calquera planta desta familia supón unha gran fonte de alimentación, para os insectos, polo que non poderán resistirse.
E tendo isto en conta esta semana no noso xardín plantaremos damasquinas,, petunias e zinnias, e arredor da nosa horta dalias.
3. STOP AOS praguicidas
Os herbicidas, fungicidas e insecticidas son produtos caros e de elevada toxicidade. Ademais de aniquilar calquera praga que teñamos destruirán tamén as poboacións de insectos depredadores e outra fauna beneficiosa.
Neste intre no noso horto temos unha pragas de escaravellos
Para eliminalos empregaremos os seguintes métodos ecolóxicos:
* Deixar macerar durante 10 días rábano picante. Nun bote pomos unhas follas e cubrímolas con auga ata a metade. Aplícase con pulverizador.
* Colocar unha cobertura de palla arredor das plantas.
4. Achegaremoslles alimento extra
Moitos paxaros son excelentes cazadores de insectos, axúdarémoslles a atopar o noso horto con comederos e bebedoiros que complementen a súa dieta.
5. CREAREMOS ESPAZOS HOGAREÑOS
Seguiremos colocando casiñas niño para os paxaros na zona do areeiro.