Monthly Archives: abril 2018

RESCATANDO ANACOS DA NOSA SABEDORÍA

Este tempo de vacacións permitíunos falar con varios avós da nosa comunidade educativa, e grazas a eles coñecer as diferentes medidas que se usaban,  fai moitos anos, na provincia de Ourense:

O Ferrado vale 629 metros cadrados.

Nas terras adicadas a viñedo a Cavadura vale 437 metros cadrados, ou 435 segundo a zonas.

O Xornal son 124 metros cadrados. En lugares con pendente da Ribeira Sacra, unha “cavadura” ou “home de cava” equivale a 100 cepas ben desenvolvidas.

Nas terras adicadas a outros cultivos, a Tega vale 388 metros cadrados, a Fanega 4.144 metros cadrados.

Na Porqueira , a Tega son  906 metros cadrados,  e o Copelo 21 metros cadrados.

Para medir o cereais empregábanse:

CUARTILLA O FANEGA , MEDIDA DE CEREAL ANTIGUA, MADERA DE CASTAÑO (Antigüedades - Hogar y Decoración - Otros)

Cuartilla ou fanega

A Tega que equivale a  14 kg de centeo, e unha Fanega son cinco Tegas.

Imagen relacionada

Media fanega.

O Copelo en Celanova e A Bola son 20 metros cadrados.

En Valdeorras a Maquía son 120 metros cadrados, en Verin son 22,22 metros cadrados.

 

Para medir capacidades en distintas zonas de Ourense, empréganse as seguintes medidas:

Ola equivale a 16 litros ou a 16,5 segundo as zonas.

Moio equivale a  16  olas.

Cabazo son 20 litros.

Cuarta e media cuarta son 20 e 10 litros respectivamente.

Resultado de imagen de medida de capacidad ola de viño

Cántara son 16 litros.

Canado son 2 Cántaras (32 litros).

Canada son 5 litros.