Daily Archives: 26/04/2018

AFONDANDO EN OURENSE

CAMIÑANDO XUNTOS.

Ao longo do curso intentamos crear situación de aprendizaxe nas que os protagonistas foran unas veces os avós e as avoas, outras veces as nais, os pais, e outros membros da comunidade educativa,  para descubrir esa parte do noso patrimonio personal que se atopa na sabedoria da nosa xente.

Agota tócalle aos nosos nenos e as nosas nenas, é o momento de que eles se convertan en investigadores, o momento de descubrir a nosa cidade, os nosos pobos, a nosa contorna e as persoas que loitaron por defender os dereitos dos demais.

 

Por iso ao remate desta memoria quedamos enredados en varios proxectos de investigación, que se desenvolverán nos meses de maio e de xuño,  dentro do proxecto “Auga, pedra, sabedoría e terra”,  arredor do cal xirou este ano o traballo de todos os equipos do noso centro ( Dinamización de Biblioteca, Dinamización da Lingua galega, Actividades complementarias extraescolares, TIC-ABALAR, equipo de educación infantil, e Voz Natura).

As nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria, serán “Conferenciantes por un día”, deste xeito  darán una charla ao final de curso, dirixida a todos os membros da nosa comunidade educativa   sobre “Basilio Álvarez”.  

Varios grupos investigarán, nunha actividade organizada polo equipo de Biblioteca,  a historia e visitarán a casa que fai anos foi Casa do Concello de Quintela. 

Resultado de imagen de antiguedades gallego

E na que na actualidade podemos atopar calquera antiguedade que queiramos ver, coñecer ou mercar.

Resultado de imagen de antiguedades gallegoResultado de imagen de antiguedades gallegoResultado de imagen de antiguedades gallego

 

E imos engadirlle á exposición de libros una exposcición de documentos antigos, neste intre xa temos varios que nos trouxeron 2 membros da comunidade educativa, e que empregaremos na hora de lectura como recursos para a aula.

 E as nenas e os nenos de 4º farán una visita pola Casco histórico de Ourense, para rematar un  traballo  moi interesante que desenvolveron ao longo do curso. E que resumimos a continuación.

AFONDANDO EN OURENSE

O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un Proxecto de investigación denominado “Afondando en Ourense”, integrado dentro do proxecto Voz Natura deste curso “Auga, pedra, sabedoría e terra”, e que se converteu polas súa idiosincrasia nun proxecto de colaboración intercentros.

O produto final do mesmo será a elaboración dunha pequena guía turística da nosa cidade. A maiores, como todo proxecto ten un uso social, o alumnado invitou ao alumnado do 2º ciclo do CEE Saladino Cortizo de Vigo para asistir a unha visita guiada por Ourense.

Os nenos/as de 4º exercerán de guías a través dunha ruta turística polos lugares máis característicos da cidade no mes de xuño.

Os obxectivos do proxecto son:

– Coñecer as propiedades do texto expositivo.

– Adquirir estratexias de búsqueda e manexo da información.

– Indagar no patrimonio máis próximo ao alumnado (a cidade na que viven).

– Fomentar o traballo en equipo de xeito cooperativo.

– Facilitar a inclusión de todo o alumnado do curso.

– Sensibilizar ao alumnado coa diversidade da sociedade e das barreiras existentes.

– Intercambiar experiencias educativas con alumnado doutro centro e doutra cidade.

 

O proceso de elaboración do mesmo foi o seguinte:

Comezamos preguntándonos “Que é o patrimonio?” e reflexionando sobre que aspectos forman parte do noso (patrimonio material e inmaterial). A partir de aí, indagamos sobre que significaba Patrimonio cultural, e sobre que aspectos configuran o noso.

Desa reflexión xurdiu a necesidade de coñecer a nosa propia cidade posto que o alumnado mostraba moitas dúbidas. Tomando isto como punto de partida, preguntámonos “Que sabemos sobre Ourense?” e “Que queremos saber?”. Como as dúbidas eran moitas, dividímolas en cinco grandes bloques: información xeral, natureza, monumentos, historia e tradición.

As incógnitas leváronnos a buscar diferentes fontes de información (internet, libros, guías, planos, folletos etc.) onde poder atopar as respostas as nosas cuestións.

Organízamonos en equipos de traballo e puxémonos a investigar. Unha vez tiñamos a información localizada e seleccionada, chegou o tempo de organizala e reelaborala co obxectivo de configurar a nosa guía.

Neste momento atopámonos en proceso de edición e maquetación da mesma, e de planificación da ruta turística onde lles proporcionaremos información dos aspectos máis salientables da nosa cidade.

 

 

 

 

TESOUROS DE PAPEL

Iria chegou á escola moi contenta, porque nós traia tres tesouros.

Viña co seu irmán Martiño, e co seu pai Carlos para que nós lera o seu conto preferido:

As nenas, e os nenos de 5º de educación infantil, non lle perderon ollo a ningún dos tesouriños de Iria:

Descubriron un libro novo, un gran libro,  cheíño de fermosas imaxes, de moitas cores, e de personaxes moi divertidos.

Graciñas Carlos, Iria e Martiño, por compartir con nós a ” Gruffalo”, o voso tesouro de papel. 

E por contarnos quen  é ese bicho monstruoso,

con esas garras e cabeiros horrorosos?

Que dentes máis horribles,

que xeonllos máis noxentas!

Que espallados os dedos espantosos!

Que verruga no nariz máis venenosa!

Os seus ollos son máis grandes que dous laranxas;

a súa lingua é unha lingua negra e moi alongada,

e ten o lombo cheo de espiñas moradas.

É un grúfalo!