Daily Archives: 09/04/2018

A HORTA É DE TODOS

Para conmemorar o Día do Libro , 23 de abril recomendamos libros para pensar, para gozar e para sentir.

Comezamos coa ” Horta de Simón” .

Ao chegar a primavera Simón decidíu sementar cenorias na súa horta. Preparou a terra e espallou as sementes.

Aos poucos días xa se vían as primeiras cenorias, medraron e medraron.

Simón estaba moi contento.

Daquela chegaron os seus amigos , a todos lles gustaban moito as verduras e as hortalizas, cada un quixo plantar, ou sementar a preferida na horta de Simón. Desta maneira foron enchendo a horta de cebolas, tomates, leitugas……mentrés estaban traballando con moita ansia  Simón marchou.

Os amiguiños de Simón comezaron a pensar que marchara enfadado, porque non lle deixaran sitio na horta para as súas cenorias. Pero non fora ese o motivo, marchara porque quería facer  unha pancarta.

CANDO VOLVEU  TRAIA A  PANCARTA QUE COLOCOU NO MEDIO DA HORTA…..NA PANCARTA DICÍA:

                                                        A HORTA É DE TODOS

As nenas, e os nenos de 4º de educación infantil, recoméndannos un libro que a eles lles gusta moito:

AGRO CATIVOS/AS

Como podemos ver a continuación, as nosas nenas, e aos nosos nenos gústalles moito traballar na horta e coidar aos animais.

Antía é unha cativa de 2º de  primaria, con ela e cos seus compañeiros e compañeiras,  comezaramos a desenvolver o proxecto de Voz Natura. Entre o proxecto, e a implicación das familias, conseguimos que a estes rapaces lles guste moito axudar nas súas casas  traballando no Agro cos tíos e cos avoíños.

Antía está tan orgullosa do seu traballo de fin de semana que quixo compartilo cos nós.

 Contándonos o nome das ferramentas  que emprega, para que se utilizan e presentándonos aos animais que axuda a coidar.

Dende aquí queremos pedirlle ás familias que nos manden fotos dos nenos, e das nenas colaborando neste tipo de tarefas, que os únen ao agro e aos avoíños.

Agradecemos a idea de Antía, que nos permitíu  crear un novo apartado, adicado a mostrar o  traballo  dos nosos alumnos/as axudándolles aos avoíños e aos parentes que viven no pobo a desenvolver as tarefas no agro.