Daily Archives: 08/04/2018

MARCOS, O NOSO AFILLADO

Marcos Rodríguez Pantoja estivo en varias ocasións na nosa escola, para compartir coas nenas e cos nenos de cada grupo -clase a súa historia.


Escoitándoo descubrimos a unha persoa que tivera que soportar unha infancia moi dura, un neno maltratado pola súa madrasta, vendido polo seu pai e separado do seu irmán Juan, ao que quería moito.
Despois de vendelo  leváronllo a  un cabreiro a Serra Morena, e ali non Val do Silencio atoupo a felicidade que ata entón non coñecera. O cabreiro converteuse no seu amigo e deulle o agarimo que necesitaba.
Cando Marcos se sentía querido e protexido, o cabreiro enfermou e morreu, deixándoo só.
Marcos non quería volver coa súa familia, por que lle tiña medo ás malleiras que lle daba a madrasta, por iso cada vez que subía alguén ao monte para recoller as cabras o neno fuxía.


Deste xeito atopouse só, rodeado de lobos e sen ser capaz de pescar ou de cazar. Pasou fame e medo, chegou a sentirse desesperado. Cando xa non podía máis refuxiose nunha cova para xogar con tres lobeznos, que daquela xa eran os seus amigos. Marcos quedou durmido na cova, e cando apareceu a loba tivo tanto medo que hoxe, cando xa pasaron máis de 60 anos, ao recordar este momento fai unha pausa e queda en silencio,  tal vez porque aínda o asusta aquel intre.
A loba mirou a Marcos, e tal e como nolo conta, apiadouse del, dun ser feble e abandonado, ao que desde aquel día decidíu incorporar a súa familia. E aí comezou o que Marcos define como a súa segunda vida, sen dúbida a mellor das tres.
Aquela parella de lobos que xa tiña tres fillos adoptou a Marcos, converténdoo nun membro máis da manada.

Durante 12 anos Marcos vivíu en Serra Morena con lobos, cazaba con eles, e con eles sentíase seguro, ata que o prenderon e levaron,  lonxe do que máis quería.

Marcos comezou a súa terceira vida, de novo entre humanos, e de novo o sufrimento. Foi vítima de enganos, e de burlas, volveu sentir medo e moitas veces atopouse só.

Agora Marcos vive en Ourense en Rante, na súa casa chove e fai moito frio, por iso a comunidade educativa do noso centro decidíu apadriñalo. Comezamos coa venda de marcapáxinas para recaudar fondos e axudar a que a súa terceira vida sexa mellor do que foi ata agora.  Intentaremos cooperar económicamente no  arranxo  do teito da súa casa.

Para elo organizamos un acto de apadriñamento de Marcos, convidando ás familias do noso centro, para sentir que  dende agora é un membro máis da nosa familia-escola.

As nenas , e os nenos quixeron agradecerlle a Marcos todo o que nos ensinou, con  agasallos feitos por eles, nos que debuxaron a historia do noso afillado, unha historia de amor pola natureza e de paixón pola vida.