CAMIÑANDO XUNTOS.
Ao longo do curso intentamos crear situación de aprendizaxe nas que os protagonistas foran unas veces os avós e as avoas, outras veces as nais, os pais, e outros membros da comunidade educativa, para descubrir esa parte do noso patrimonio personal que se atopa na sabedoria da nosa xente.
Agota tócalle aos nosos nenos e as nosas nenas, é o momento de que eles se convertan en investigadores, o momento de descubrir a nosa cidade, os nosos pobos, a nosa contorna e as persoas que loitaron por defender os dereitos dos demais.
Por iso ao remate desta memoria quedamos enredados en varios proxectos de investigación, que se desenvolverán nos meses de maio e de xuño, dentro do proxecto «Auga, pedra, sabedoría e terra», arredor do cal xirou este ano o traballo de todos os equipos do noso centro ( Dinamización de Biblioteca, Dinamización da Lingua galega, Actividades complementarias extraescolares, TIC-ABALAR, equipo de educación infantil, e Voz Natura).
As nenas e os nenos de 6º de Educación Primaria, serán «Conferenciantes por un día», deste xeito darán una charla ao final de curso, dirixida a todos os membros da nosa comunidade educativa sobre «Basilio Álvarez».
Varios grupos investigarán, nunha actividade organizada polo equipo de Biblioteca, a historia e visitarán a casa que fai anos foi Casa do Concello de Quintela.
E na que na actualidade podemos atopar calquera antiguedade que queiramos ver, coñecer ou mercar.
E imos engadirlle á exposición de libros una exposcición de documentos antigos, neste intre xa temos varios que nos trouxeron 2 membros da comunidade educativa, e que empregaremos na hora de lectura como recursos para a aula.
E as nenas e os nenos de 4º farán una visita pola Casco histórico de Ourense, para rematar un traballo moi interesante que desenvolveron ao longo do curso. E que resumimos a continuación.
AFONDANDO EN OURENSE
O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un Proxecto de investigación denominado “Afondando en Ourense”, integrado dentro do proxecto Voz Natura deste curso “Auga, pedra, sabedoría e terra”, e que se converteu polas súa idiosincrasia nun proxecto de colaboración intercentros.
O produto final do mesmo será a elaboración dunha pequena guía turística da nosa cidade. A maiores, como todo proxecto ten un uso social, o alumnado invitou ao alumnado do 2º ciclo do CEE Saladino Cortizo de Vigo para asistir a unha visita guiada por Ourense.
Os nenos/as de 4º exercerán de guías a través dunha ruta turística polos lugares máis característicos da cidade no mes de xuño.
Os obxectivos do proxecto son:
– Coñecer as propiedades do texto expositivo.
– Adquirir estratexias de búsqueda e manexo da información.
– Indagar no patrimonio máis próximo ao alumnado (a cidade na que viven).
– Fomentar o traballo en equipo de xeito cooperativo.
– Facilitar a inclusión de todo o alumnado do curso.
– Sensibilizar ao alumnado coa diversidade da sociedade e das barreiras existentes.
– Intercambiar experiencias educativas con alumnado doutro centro e doutra cidade.
O proceso de elaboración do mesmo foi o seguinte:
Comezamos preguntándonos “Que é o patrimonio?” e reflexionando sobre que aspectos forman parte do noso (patrimonio material e inmaterial). A partir de aí, indagamos sobre que significaba Patrimonio cultural, e sobre que aspectos configuran o noso.
Desa reflexión xurdiu a necesidade de coñecer a nosa propia cidade posto que o alumnado mostraba moitas dúbidas. Tomando isto como punto de partida, preguntámonos “Que sabemos sobre Ourense?” e “Que queremos saber?”. Como as dúbidas eran moitas, dividímolas en cinco grandes bloques: información xeral, natureza, monumentos, historia e tradición.
As incógnitas leváronnos a buscar diferentes fontes de información (internet, libros, guías, planos, folletos etc.) onde poder atopar as respostas as nosas cuestións.
Organízamonos en equipos de traballo e puxémonos a investigar. Unha vez tiñamos a información localizada e seleccionada, chegou o tempo de organizala e reelaborala co obxectivo de configurar a nosa guía.
Neste momento atopámonos en proceso de edición e maquetación da mesma, e de planificación da ruta turística onde lles proporcionaremos información dos aspectos máis salientables da nosa cidade.