Monthly Archives: marzo 2018

AS MULLERES DA MIÑA VIDA

Na nosa historia individual están presentes  todas as mulleres que nós axudaron a medrar, aquelas que forman parte do noso patrimonio, e das nosas vidas. Mulleres únicas, traballadoras, valentes e fortes.

 

E foi a esas mulleres ás que hoxe lles quixeron rendir homenaxe,  as nenas e os nenos de 4º de educación infantil, ás mulleres das súas vidas.

Ás mulleres que moitas veces están cansas e fartas de loitar, e aínda asi se converten en médicas, contacontos, taxistas, cociñeiras, mestras , magas…

 

A elas queremos dedicarlles esta canción, ás mulleres que nós cantaron, ás que nós arrouparon, ás que nós axudaron  a medrar, e ás que nós fixeron sentir que non había un berce que puidera calmarnos tanto coma o seu colo.

 

E ÁS QUE, POUCO PODEMOS DICIRLLE QUE ELAS NON SAIBAN

Investigando descubrimos mulleres galegas que destacaron por ser as primeiras que, na maioría dos casos, desempeñaron una traballo que ata ese momento viñan desenvolvendo só os homes.

 

ENCONTROS 4X

Marcos Pantoja volveu a nosa escola para contarnos a súa experiencia entre lobos e entre humanos. 

A través dos seus relatos fomos coñecendo a una persoa valente, loitadora, alegre e chea de esperanza.

As nenas e os nenos de 4º de educación infantil estiveron moi atentos ás explicacións de Marcos.

O que máis lles impresionou foi cando Marcos lles contou que a loba decidirá adoptalo e protexelo, tal vez porque o víu feble e indefenso.

Os máis cativos da escola falaron e xogaron con Marcos.

Nun encontro no que nos foi contando como tivo que aprender a: facer lume, cazar, pescar, protexerse do frío, imitar o ruído dos animais…

Marcos contounos que tivo que aprender a sobrevivir, primeiro entre os lobos e despois entre as persoas.

Para darlle as grazas,  por todo  o que nos ensinou, as nenas e os nenos de 4º de educación infantil  fixeron este mural.

 

A MULLER GALEGA

Como recursos para traballar na aula o Día da Muller, relacionados co noso patrimonio,  recomendamos os seguintes:

1. LAUDATORIA DA MULLER GALEGA:

» O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus y os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir, á parte  mais froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando  valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da pobreza. Soyas o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda para mal manterse, para manter os seus fillos, e quisais o pai valetudinario, parecen condenadas á non atoparen nunca reposo se non na tomba.

A emigrazon y o Rey arrebatanlles de contio, o amante, o hirmán, o seu home, sostén  da familia decote numerosa, e asi, abandonadas, chorando ó seu desamparo, pasan a amarga vida antras incertidumbres da esperanza, á negrura da soidade y as angustias dunha perenne miseria. Y o máis desconsolador para elas é, que os seus homes, van  indo todos, un por un, porque llos levan, y outros por que  o exempro, as necesidades, ás veces unha cobiza, anque disculpabre, cega, fannos fuxir, do lar querido, daquela a quen amaron, da esposa xa nai, e dos seus fillos, tan pequeniños, que aínda non acertan á adiviñar, os desdichados, á orfandade á que os condenan.

Cando nas súas confianzas, estas probes mártires se atreven á decirnos os seus secretos, á chorar os seus amores sempre vivos, á doerse das súas penas, descobrense nelas, tal delicadeza de sentimentos, tan grandes tesouros de tenrura ( que á inteireza do seu carácter non é bastante a mermar) unha abnegación tan grande que , sin querer, sentímonos inferiores á aquelas oscuras e valerosas heroinas, que viven e morren levando a cabo feitos maravillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu o son, e cuyas santas armonias deberan ser espresadas cunha soya nota e nunha soya corda, na corda do sublime e na nota da delor. Anque sin forza pra tanto, tentey algo deso sobre o todo no libro titulado «As viudas dos vivos e as viudas dos mortos», máis eu mesma conoso que non acertei á decir as cousas que era menester. As miñas forzas son cativas, quéreas mayores de quen haya de cantarnos con toda a súa verdade e poesía, tan sencilla como dolorosa epopeya».

Rosalía de Castro

«Dúas palabras da autora», en Follas Novas, 1880

2. A MULLER NA ESCULTURA

3. Como exercicio de investigación propomos buscar os monumentos galegos dedicados á muller.

SABEDORÍA

 

ENCONTROS 4 X

Como xa sabedes neste curso estamos desenvolvendo o proxecto: AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E TERRA, a través dos encontros 4X,  entre 4 Xeracións, entre nenos/as, pais/nais, avós/avoas e bisavós/bisavoas. 

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (o vindeiro 8 de marzo), gustaríanos contar coa vosa axuda. Necesitamos que as mulleres da nosa comunidade educativa veñan ao centro para falarnos do seu traballo. Para iso só tedes que cubrir a ficha que os nenos e nenas levaron para as súas casas e enviala de volta ao cole antes do próximo martes.

Animádevos a participar nesta actividade e grazas de antemán a todas pola vosa colaboración.

 

ENCONTRO CON MARCOS PANTOJA

Unha vez máis puidemos aprender a través dos encontros 4X,  entre  as persoas de diferentes xeracións  que son convidadas a nosa escola.

Gozamos da primeira parte dun encontro moi emotivo, porque asi é a historia de Marcos Pantoja, o  protagonista da película: «Entre lobos», e o dono, a pesar do que leva sufrido,  dun sorriso e dunha tenrura que nós deixaron impresionados.

Despois de ver a película, e de comentar  na aula os valores e os contravalores  que transmite : coidado da natureza, amizade, protección, acollida, responsabilidade, ……quixemos coñecer ao neno de Serra Morena. 

Aquel cativo que no ano 1954, cando tiña 7 anos, e unha vida chea de malos tratos, fora vendido, ou entregado ao terratenente que llo mandou levar a un cabreiro,  co que vivíu nunha cova ata que o cabreiro morreu, deixando a  Marcos abandoado no medio da Serra.

Foi entón, cando estaba máis só e indefenso, cando unha loba o adoptou convértendose, tal e como nós contou Marcos na súa nai.

Moitos anos despois Marcos afirma que volvería a vivir cos lobos, porque foron a súa familia na que atopou a  protección e o cariño, que moitas veces lle negaron os humanos.

Ao longo desta semana,o mércores e o venres  volveremos escoitar a Marcos na nosa escola, para aprender e  gozar coa  súa sabedoría ………

coa súa simpatía, e coa súa bondade………………………………………..

 

 

O próximo mércores serán as nenas e os nenos 4º,  e de 5º de educación infantil os que terán a oportunidade de coñecer a Marcos Pantoja, sabemos que están esperando a súa visita con moita ilusión,  con algún traballiño para regalarlle……..

 

 

e con esta fermosa canción………………………………

 

As nenas e os nenos de sexto de educación infantil debuxaron asi a historia de Marcos:

 

REFRÁNS METEREOLÓXICOS

DE RECOMPILACIÓN EN RECOMPILACIÓN

Nesta ocasión ás  actividades  que queremos desenvolver consisten en recompilar refráns metereolóxicos do mes de marzo ao longo deste mes, e en celebrar o día 23 ( Día Metereolóxico Mundial) un  encontro cos avoíños, e coas avoíñas da nosa comunidade no que nos falarán das temporas.

 E xa contamos con estas aportacións:

En marzo, pega o sol como un pelmazo.

 Os aires e os soles de marzo queiman as donas do palacio.

Non dure máis o mal da miña veciña que a neve marcelina.

 En marzo tronar, é cousa de estrañar.

En marzo, o catavento nin dúas horas está quieto.

 Marzo, marzadas: aire, frío e granizada.

Sol de marzo, pega como mazo.

Gárdate do sol de marzo e estarás  fermosa todo o ano.

 Marzo, marzadas, aire frío e granizadas,

PROGNÓSTICOS ATMOSFÉRICOS

Estes pronósticos  orientaban os prognósticos agrícolas:

RELACIONADOS COAS NÉBOAS:

As néboas de marzo serán xeadas en maio.

 Néboa de marzo, neve de abril.

 Néboa en marzo, xeadas en maio.

 Néboa de marzo, auga na man.

RELACIONADOS COA CALOR:

As secas de marzo son choivas en maio.

 Seco marzo, choivoso maio.

 Se en marzo canta a ra, en abril cala.

 Marzo que empeza bochornoso, pronto se volve granizoso.

RELACIONADOS COA NEVE:

Cando ve nevar San Ambrosio, hai frío para dezaoito.

RELACIONADOS CO VENTO:

Se marzo ventea, abril cantarea.

Vento marzal, bo temporal.

 Se marzo marcea, abril aguanavea.

PROGNÓSTICOS AGRÍCOLAS:

Non ha de chover en marzo máis de canto se molle o rabo ao gato.

 Marzo de choivas cargado, ano moi desgraciado.

Máis ben quero no meu trigo unha aboiada, que en marzo unha augada

Marzo choiva para o campo, porque o que é na horta, cada pinga quita un carto.

 Auga en marzo, herbazo.

 Choivas en marzo, herbas nos sementados.

 As augas marceiras, son moi herbeiras

RESUMINDO:

Auga de marzo goberna todo o ano.

Xeadas en marzo favorecen os sementados.

 Neve antes de marzo, ouro branco.

Cando en marzo trona, colleita de améndoa.

Tronos en marzo, aperta as cubas cun mazo.

O sol de marzo, de rega serve ao campo.

O sol de marzo conmove e non resolve.