Daily Archives: 29/03/2018

A VOZ DAS MULLERES

ENCONTRO  4 X: ONDE AS MULLERES  AÍNDA SOMOS MINORIA

Resultado de imagen de MUJER NATURALEZA TIERRAConvidamos a que viñeran á escola as mulleres da nosa comunidade educativa, para celebrar o Día Internacional de Muller falándonos das súas profesións, das dificultades que atopaban para desenvolvelas, e para  ser capaces de conciliar a vida  laboral coa profesional

Antes de que chegaran  as nosas convidadas traballamos nas aulas, coas nenas e cos nenos, o tema da igualdade de xénero e o compromiso individual que cada quen tiña que desenvolver para que fora real, tanto nas familias como nos centros de traballo.

Cando chegaron as “nosas mulleres”, froito dese traballo previo, tiñamos claro o que queríamos saber, e o que nos interesaba descubrir a través das súas testemuñas. Queríamos averiguar se nos seus centros de traballo, e na súa vida laboral:

Predominaba a presenza do feminino ou do masculino.

-Existira equilibrio entre as habilidades das persoas para enriquecerse mutuamente.

_Observaran comportamentos totalmente diferenciados entre directivos homes e mulleres.

-Percibiran  igual salario a igual produtividade.

-Nalgunha ocasión lles pedirán  unha proba de embarazo para contratalas, ou non lle renovaron ou contrato por estar embarazadas.

– Sufriran algún tipo de discriminación non acceso ao mercado de traballo .

-Consideraban que os  homes teñen máis  posibilidades de ocupar cargos crave, postos fixos ou traballos mellor remunerados.

– Tiveran a mesma estabilidade nos posto de traballo ca os seus compañeiros,

-Sufriran algún tipo de discriminación laboral.

– Tiveran que esforzarse máis ca os seus compañeiros para acadar o mesmo posto, ou  mesmo resultado.

– O seu esforzo, e a súa competencia foran  tan valoradas como a dos homes.

– Consideraban que a igualdade laboral xa se acadara, ou aínda quedaba algo , ou moito, por facer.

As convidadas chegaron cargadas de ilusión e nós recibímolas cheíños/as de curiosidade.

 


Pola nosa escola, con motivo desta actividade,  pasaron nais, e ex alumnas,  con profesións moi diferentes:  Filóloga, ama de casa, traballadora de conservación de estradas, monitora de baile, profesora de infantil e de primaria, actriz de teatro, directora dun centro da terceira idade, fisioterapeuta, empregada de Coren, profesora de Universidade, profesora de historia, e unha ex alumna adestradora de fútbol.

Agradecemos a cooperación das nais, das ex alumnas  e das avoíñas que puideron acompañarnos, xa  que  grazas a estas sesións puidemos  coñecer, e valorar aínda máis, as tarefas que desempeñan, e os atrancos que moitas veces atoparon, e tiveron que superar as mulleres que temos a nosa  beira.

Desta maneira descubrimos  de que ademáis das 12  mulleres pioneiras que aparecen non libro de Anaír Rodríguez Rodríguez:

” Pioneiras, Galegas que abriron camiño”, tamén entre as nais dos nosos alumnos había atuténticas loitadoras ,que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero ,e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais, e diversas, que non seu día foron quen de abrir portas que ata entón nós estiveran pechadas.


Algunha desempeñaron un traballo non que eran a única muller nunha plantilla de homes, facendo e arranxando estradas, outras tiveron que soportar que non lle renovasen o contrato laboral por estar embarazadas, algunha tivo que competir por un posto de dirección con homes, e comprobar que tendo máis formación ca eles, polo feito de ser muller preferíase que o posto fora desempeñado por un home, outras soñan e loitan por una escola alternativa, e todas elas comparten a ilusión e a esperanza de quen vive namorado da súa profesión.

As nenas e os nenos seguiron as súas explicacións con moito interese.

Mostráronse moi participativos e divertíronse  moito.

A nais, que viñeron á nosa escola, insistiron en que podemos ser o que queiramos ser, e que non pode condicionarnos o feito de nacer nenas ou nenos, xa que todas e todos temos os mesmos deberes e os mesmos dereitos.

Explicáronlles aos cativos, con moita paciencia e con varios recursos , que trouxeron preparados, en que consistían as súas profesións e cal era a súa xornada laboral.

E grazas a elas descubrimos que:

1- SEGUE HABENDO:

  • Diferenzas na dotación de capital humano. Polo xeral, invístese menos na educación, formación, mobilidade profesional e procura de emprego das mulleres que dos homes.
  • Segregación horizontal na ocupación, por sexos. Ao parecer, as ocupacións nas que predominan os homes teñen taxas de remuneración substancialmente máis elevadas que aquelas nas que predominan as mulleres.
  •  Segregación vertical na ocupación, por sexos. Dentro de una mesma ocupación, as mulleres tenden a ocupar rangos inferiores aos homes.

2- A NECESIDADE DE CONCILIAR O TRABALLO COA FAMILIA :

  •  Fai que as mulleres poidan  verse obrigadas a aceptar ou a elixir traballos que lles permitan compaxinar as súas responsabilidades familiares coas do emprego remunerado.
  • Afecta negativamente á experiencia laboral. As mulleres que están permanentemente entrando e saíndo do mercado laboral adquiren menos experiencia, o cal induce a que cobren uns soldos máis baixos.

 

3-A MATERNIDADE SEGUE A SER UN FACTOR DETERMINANTE DA DESIGUALDADE ENTRE SEXOS E MESMO ENTRE AS MULLERES.

4- A MULLER COMO “ONG” DOMÉSTICA, segue sendo a que se encarga do coidado dos familiares.

5-HAI UN “TEITO DE VIDRO”  ou barreira invisible,  que segue dificultando ou avance das mulleres cara postos de xestión ou de toma de decisións.

6- A NECESIDADE DE IMPLANTAR:

* Medidas de acción positivas.

* Medidas políticas e legais  que obriguen  aos pais  a compaxinar traballo e familia.

7-NECESIDADE DE CAMBIAR A ESTRUTURA FUNDADA NO XÉNERO NO MERCADO DE TRABALLO.

8-FALLA DE ESTADÍSTICAS FIABLES E PRECISAS PARA MEDIR A DESIGULDADE DE REMUNERACIÓNS.

9-NECESIDADE DE EDUCAR NA E PARA IGUALDADE.

VIVA A IGUALDADE!!!!