Daily Archives: 28/03/2018

DÍA METEREOLÓXICO MUNDIAL

Co fin de conmemorar , o día 23 de marzo, Día Metereolóxico Mundial,  celebramos un encontro  4 X cun avó da comunidade educativa, cos rapaces e coas rapazas de 6º,  e cos alumnos do CEE O PINO.

Nesta sesión,  o avó Sergio explicounos o significado de varios  refráns sobre o tempo e o clima, relacionados co mes de marzo.

Comezou contándonos que os refráns supoñen un recurso de gran valor dentro da linguaxe. E que estes ditos populares soen estar tan implicados no idioma que,  na maioría dos casos, non somos conscentes da súa utilización. Segundo, nos dixo Sergio, os refraneiros soen variar segundo a zona xeográfica, ou a temática escollida. Todos mostran unha gran sabedoría, a miúdo froito da experiencia e das vivenzas dun pobo.

Afirmou que desde fai tempo, o ser humano observaba o ceo para saber que tempo ía facer, incluso para intuir como se comportaría o clima durante una estación. Aínda que hoxe contamos con modelos de predición bastante eficaces, o certo é que sobre todo os agricultores non deixaron atrás ese vello costume de mirar cara arriba para adiviñar que tempo teremos.

O éxito dos cultivos dependía da estabilidade da atmósfera, una xeada, una baixada drástica das temperaturas, ou unha inesperada choiva podín arruinar  o traballo de todo o ano. Por iso marzo se convertía nun mes importante, porque partindo de como fora o tempo neste mes podíase predicir, a través dos refráns, o que sucedería nos meses seguintes.  Desta maneira podíanse tomar as medidas necesarias para evitar desastres.

Sergio presentounos unha serie de refráns e de frases que eran o “parte meteorolóxico” do pobo.

Asi, grazas a sabedoría deste avoíño, coñecemos varios ditos populares que nos indicaban como serían os meses de abril e o de maio, segundo como fora o de marzo.  E démonos conta de que noutro tempo, cando  non había ordenadores , nin contábamos cos medios que temos agora para predicir o tempo , as persoas necesitan  saber que tempo ía facer, e para elo recurrían as frases e aos refráns da sabedoría popular.

Segundo Sergio os refráns aprendíanse de xeito oral, case sempre cando estaban facendo algún traballo colectivo como soía ser a escasca do millo, entón era cando os cativos aprendían estes ditos populares que eran contados polos máis    vellos.

 -En marzo pega o sol coma un mazo.

-Os aires e os soles de marzo queiman as donas no palacio.

-Non dure máis a mala veciña ca neve Marcelina.

-En marzo o cataventos nin dúas horas está quieto.

-En marzo: marzadas, aire frio e granizadas.

-Néboa de marzo, neve de abril.

-Se en marzo canta a rá, en abril calará.

-Marzo que empeza bochornoso pronto se volve granizoso.

-Cando neva en San Ambrosio, hai frio para 18.

-Se marzo ventea, abril cantarea.

-Vento marzal, bo temporal.

-Se marzo marcea, abril auganevea.

-Non ha de chover máis en marzo de canto o gato molle o rabo.

-Marzo de choivas cargado, ano moi desgraciado.

-Choivas en marzo, herbas nos sementados.

-Auga de marzo goberna todo o ano.

-Xeadas en marzo favorecen os sementados.

-Neve antes de marzo, ouro branco.

-O sol de marzo de rega lle serve ao campo.