Daily Archives: 22/03/2018

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar este día, as nenas e os nenos da nosa escola plantaron salgueiros.

  Cada grupo clase inventou un nome para a súa árbore.

Aquí temos ás rapazas, e aos rapaces  de 6º plantando  Salgueiro » Aspirin».

As rapazas, e os rapaces de 5º tamén plantaron, e buscaron un nome para  o seu salgueiro.

Os cativos de 4º e de 3º plantaron as súas árbores con moita ansia.

 E aprendemos moitas cousas sobre estas árbores.

Descubrimos que:

  • Os salgueiros (xunto cós amieiros e bidueiros)  forman o bosque da beira dos regatos e dos ríos galegos.
  • Teñen a particularidade de fixarse intensamente no terreo no momento das riadas polo que frean e atenúan as mesmas.
  •  Hai moitos salgueiros, os máis comúns nos ríos por este orden son:  o Salix atrocinerea, Salix salvifolia , e o Salix viminalis 

CURIOSIDADES

A cortiza é moi rica en tanino e contén salicilina (que foi a base dun medicamento que está entre os máis importantes de tódalas épocas, a aspirina. A aspirina está considerada dentro dos 100 inventos do século XX máis importantes).

Os salgueiros, nas crecidas, resisten o que lle boten, aguantan todo, resisten as fortes correntes, polo que quitar salgueiros e amieiros da beira dun río é un suicidio, tal e como  se veu a demostrar nas riadas que houbo en Galicia no ano 2006.

Canalizar os ríos, cortar árbores, edificar a súa beira, non deixar lugares para que o río, nunha chea, teña lugares para expandir as súas augas, axuda a que ao final  veñen as desgrazas.