Daily Archives: 06/03/2018

A MULLER GALEGA

Como recursos para traballar na aula o Día da Muller, relacionados co noso patrimonio,  recomendamos os seguintes:

1. LAUDATORIA DA MULLER GALEGA:

” O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus y os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir, á parte  mais froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando  valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da pobreza. Soyas o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda para mal manterse, para manter os seus fillos, e quisais o pai valetudinario, parecen condenadas á non atoparen nunca reposo se non na tomba.

A emigrazon y o Rey arrebatanlles de contio, o amante, o hirmán, o seu home, sostén  da familia decote numerosa, e asi, abandonadas, chorando ó seu desamparo, pasan a amarga vida antras incertidumbres da esperanza, á negrura da soidade y as angustias dunha perenne miseria. Y o máis desconsolador para elas é, que os seus homes, van  indo todos, un por un, porque llos levan, y outros por que  o exempro, as necesidades, ás veces unha cobiza, anque disculpabre, cega, fannos fuxir, do lar querido, daquela a quen amaron, da esposa xa nai, e dos seus fillos, tan pequeniños, que aínda non acertan á adiviñar, os desdichados, á orfandade á que os condenan.

Cando nas súas confianzas, estas probes mártires se atreven á decirnos os seus secretos, á chorar os seus amores sempre vivos, á doerse das súas penas, descobrense nelas, tal delicadeza de sentimentos, tan grandes tesouros de tenrura ( que á inteireza do seu carácter non é bastante a mermar) unha abnegación tan grande que , sin querer, sentímonos inferiores á aquelas oscuras e valerosas heroinas, que viven e morren levando a cabo feitos maravillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu o son, e cuyas santas armonias deberan ser espresadas cunha soya nota e nunha soya corda, na corda do sublime e na nota da delor. Anque sin forza pra tanto, tentey algo deso sobre o todo no libro titulado “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos”, máis eu mesma conoso que non acertei á decir as cousas que era menester. As miñas forzas son cativas, quéreas mayores de quen haya de cantarnos con toda a súa verdade e poesía, tan sencilla como dolorosa epopeya”.

Rosalía de Castro

“Dúas palabras da autora”, en Follas Novas, 1880

2. A MULLER NA ESCULTURA

3. Como exercicio de investigación propomos buscar os monumentos galegos dedicados á muller.