Daily Archives: 01/03/2018

REFRÁNS METEREOLÓXICOS

DE RECOMPILACIÓN EN RECOMPILACIÓN

Nesta ocasión ás  actividades  que queremos desenvolver consisten en recompilar refráns metereolóxicos do mes de marzo ao longo deste mes, e en celebrar o día 23 ( Día Metereolóxico Mundial) un  encontro cos avoíños, e coas avoíñas da nosa comunidade no que nos falarán das temporas.

 E xa contamos con estas aportacións:

En marzo, pega o sol como un pelmazo.

 Os aires e os soles de marzo queiman as donas do palacio.

Non dure máis o mal da miña veciña que a neve marcelina.

 En marzo tronar, é cousa de estrañar.

En marzo, o catavento nin dúas horas está quieto.

 Marzo, marzadas: aire, frío e granizada.

Sol de marzo, pega como mazo.

Gárdate do sol de marzo e estarás  fermosa todo o ano.

 Marzo, marzadas, aire frío e granizadas,

PROGNÓSTICOS ATMOSFÉRICOS

Estes pronósticos  orientaban os prognósticos agrícolas:

RELACIONADOS COAS NÉBOAS:

As néboas de marzo serán xeadas en maio.

 Néboa de marzo, neve de abril.

 Néboa en marzo, xeadas en maio.

 Néboa de marzo, auga na man.

RELACIONADOS COA CALOR:

As secas de marzo son choivas en maio.

 Seco marzo, choivoso maio.

 Se en marzo canta a ra, en abril cala.

 Marzo que empeza bochornoso, pronto se volve granizoso.

RELACIONADOS COA NEVE:

Cando ve nevar San Ambrosio, hai frío para dezaoito.

RELACIONADOS CO VENTO:

Se marzo ventea, abril cantarea.

Vento marzal, bo temporal.

 Se marzo marcea, abril aguanavea.

PROGNÓSTICOS AGRÍCOLAS:

Non ha de chover en marzo máis de canto se molle o rabo ao gato.

 Marzo de choivas cargado, ano moi desgraciado.

Máis ben quero no meu trigo unha aboiada, que en marzo unha augada

Marzo choiva para o campo, porque o que é na horta, cada pinga quita un carto.

 Auga en marzo, herbazo.

 Choivas en marzo, herbas nos sementados.

 As augas marceiras, son moi herbeiras

RESUMINDO:

Auga de marzo goberna todo o ano.

Xeadas en marzo favorecen os sementados.

 Neve antes de marzo, ouro branco.

Cando en marzo trona, colleita de améndoa.

Tronos en marzo, aperta as cubas cun mazo.

O sol de marzo, de rega serve ao campo.

O sol de marzo conmove e non resolve.