Daily Archives: 18/12/2017

UN NADAL SOLIDARIO

Seguindo cos encontros 4X (encontros interxeracionais)  organizamos a  visita dos cativos de 5º e de 6º de Educación Infantil ao centro Fogar de San Amaro, para cantar varias cancións: «eu son artista», «abuelito dame un beso», «chea de vida»,  e para representar unha obra de teatro  titulada «a mellor sopa do mundo».

Temos que agradecer a boa acollida que  tivemos, o que fixo que os cativos estiveran moi cómodos e repartiran aloumiños e alegría entre os avoíños e as avoíñas.

 

A través desta actividade queríamos que os nenos, e as nenas,  entenderan que Nadal é darse aos demais, entregando o mellor de nós mesmos, e iso foi o que fixeron eles ao longo dunha mañá chea de emocións.

Foi un encontro no que persoas de distintas xeracións cantamos, sorrimos e sentimos xuntos, apostando por un Nadal solidario.

Os nenos de 4º de educación primaria quixeron participar no Nadal solidario, facendo  estes adornos,  e estas postais que lles enviaremos aos avós para que decoren o seu centro:

Os nenos, e as nenas de 5º de educación infantil fixeron estes adornos para os avoíños,e as avoíñas de San Amaro: