Monthly Archives: septiembre 2017

PATRIMONIANDO ANDO

AS FERVENZAS

Se a auga é vida, as fervenzas son a alegría de vivir.

A continuación presentamos 10 espectaculares fervenzas galegas.

  • A coñecida como Seimeira de Vilagocende, que podemos localizar e admirar na Fonsagrada.
  • En Vilardevós temos a fermosa Fervenza da Cidadella.
  • No concello de Melón destaca a beleza das Fervenzas de Tourón.
  • Na Ribeira Sacra temos a Fervenza da Augacaída , en Marce, Pantón, no val do Miño.
  • En Pontevedra, no máis profundo da Comarca de Vigo, xa tocando a Serra do Suido, existen varios saltos importantes pero entre eles destacamos a Fervenza de Casariños polo seu dobre e espectacular salto. Localízase en Fornelos de Montes.
  • Agora una das máis coñecidas, pola súa beleza e pola súa arquitectura. Pouco que engadir a este salto que o ten todo. Atópase en Barro e forma unha paraxe natural impresionante . É a Fervenza de Barosa.
  • A que segue é das máis famosas, e teremos que averiguar o porqué . Trátase da Fervenza do Toxa, formada por este río, en Silleda.
  • Na Coruña temos unha fervenza que parece sacada dun conto. Din que é única en Europa por aquilo de deixar caer as súas augas ao mar, aínda que non sexa certo, pero non por iso deixa de ser única en espectacularidade. É a Fervenza de Ézaro.
  • En Carballo sitúase a chamada Fervenza de San Paio, tamén coñecida como de Entrecruces. Unha xoia natural de gran beleza.
  • No interior da provincia da Coruña o río Furelos ten que saltar un duro chan rochoso e por iso forma outra fantástica fervenza, a do Brañas.

A continuación  deixámosvos unha ligazón onde podemos descubrir  todas as fervenzas de Galicia Máxica:

http://www.galiciamaxica.eu/categoria/fervenzas/

E AGORA TOCA INVESTIGAR

CAL É A FERVENZA MÁIS ALTA DE GALICIA?

Unha das fervenzas máis altas de Galicia é a Fervenza do Toxa.

Fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado por unha fervenza de auga do río Toxa na parroquia de Pazos, considerada a máis alta de Galicia en caída libre.

Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza .

A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo, para a súa farmacopea, e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da nosa comunidade pola singular beleza.

Accédese dende a vila da Bandeira situada na estrada N-525 que une Ourense con Santiago.