Con estes consellos poderemos gozar dunhas vacacións orixinais, divertidas e sostibles.
- Escolle un destino que non estea moi lonxe.
Irse lonxe require gastar máis enerxía.
- Reduce equipaxe. Cantas máis cousas levemos máis enerxía gastaremos. Ao facer as maletas pensa si de verdade precisas tantas cousas.
- Emprega o transporte público. E o servizo de préstamo de bicicletas
- Aforra enerxía. Apaga as luces, e desenchufa antes de saír da casa todo o que non precises.
- Proba os produtos locais. Consume produtos de km0 , desta maneira axudarémoslles aos produtores locais e aforraremos a enerxía que se gasta ao ter que transportalos.
6.Usa baterías e pilas recargables.
Si levas cámaras de fotos, reprodutores e música…lémbrate das pilas recargables.
Aforrarás enerxía e reducirás a contaminación.
- Busca alternativas ecolóxicas as túas vacacións. Ten en conta opcións como as casas rurais, ou facer cámping coidando o entorno.
- Aproveita para plantar árbores ou para ser voluntario/a. Desta maneira deixarás unha pegada positiva no lugar ao que vaias.