Monthly Archives: junio 2017

FIXEMOS NIÑOS PARA O PAXARIÑOS

Despois de descubrir o niño que fixeran os paxaros nunha árbore do patio de educación infantil, e os 4 paxariños  que se criaran nel, decidimos facerlles máis niños  e colocalos nas árbores da nosa escola, para convidar  a outros  paxaros a que viñeran convivir con nós.

Cando xa tiñamos os niños rematados decidimos en que árbores os íamos a colocar.

A Iria gústalle esta árbore.

dav

 Breogán prefire  esta  porque é alta.

bst

Izan prefire unha árbore máis baixa para colocar o seu niño.

dav

Mateo prefire outra árbore moi alta….asi estarán moi seguros os paxariños.

RECOLLENDO AS NOSAS COLLEITAS

Antes de marchar de vacacións temos que recoller os froitos do noso traballo.

Aquí podedes ver aos nosos cativos de 4º de Educación Infantil nunha sesión  de recollida, na que participaron con moita ilusión,  con moitas gañas de traballar e con moita forza….

REGANDO O NOSO HORTO

Os cativos de educación infantil  da nosa escola saben moi ben o importante que é a auga para que medren as  acelgas, os amorodos, os calabacíns e as patacas que temos plantadas no horto, por iso  sempre están  dispostos a coller a mangueira para regar……………..

e a regadeira, para darlle de beber aos castiñeiros e as  plantas que temos nas macetas.

CARACOL CARACOLEIRO

Para protexer os nosos cultivos seguimos colocando no horto trampas ecolóxicas de cervexa, logo, con moito coidado, recolleremos  os caracois e poremolos  na zona da carballeira, onde teñen comida e non son un perigo para as verduras.

dav

ELENA PREPARANDO UNHA TRAMPA ECOLÓXICA

 

Na aula estivemos facendo puzles con caracois de cores.

 

E coloreando varias fichas.